Na parroquia de Santa María de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego deu cunha aldea de época altomedieval, na zona de Penedo Xudío.
O director da escavación, Carlos Tejerizo, cóntanos que grazas ás datacións radiocarbónicas puido datarse entre os séculos VII y IX, o que aproximaría esta ocupación ao momento da existencia de Cassavio, unha ceca de época visigoda da que se sabe por unha moeda de ouro alí acuñada.
E con Carlos Crespo imos de ‘Resaca emocional’, co tema en primicia “Ondas sonoras de Xúpiter”.