Eva Sandino debuxa o panorama cultural na Galicia de 1985, o ano no que botou a andar a Radio Galega.
E no directo, varios convidados.
Pepe Ferreirós (Milladoiro) evoca aqueles tempos ”Había moitas inquedanzas. A Radio Galega supuxo un antes e un despois para a cultura do país”
A pintora Menchu Lamas salienta que había unha actividade creadora frenética “era inventalo todo”.
Victor Freixanes, presidente da RAG, lembra o afán por normalizar a lingua e o impacto das primeiras emisións en galego.
Paulino Novo, filólogo e asesor da CRTVG “Estaba todo por facer, dende a gramaticalización básica á lexicografía”.