A partir do luns imos emitir as obras gañadoras da cuarta edición do concurso de teatro radiofónico 'Escoitamos teatro’, que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega.
Trátase de ‘Petricor’, de Lidia Fraga; ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado; e ‘Céspede artificial’, de AveLina Pérez.
Falamos co compositor rianxeiro Antón Alcalde, gañador da 35.ª edición do Premio Jóvenes Compositores por 'Anatomías del abismo'.
E Afonso Becerra comenta ‘Terceiro acto’, do CDG.