Pasamos polo HematoFesti, o macrofestival que estes días honra en Vigo a memoria de Miguel Ángel López, o Hematocrítico. Morreu hai agora un ano e deixou tras de si un regueiro de amigos, de fans... nos máis diversos ámbitos. Porque Miguel Ángel foi un multitarefas: escritor, mestre, comunicador e autor de blogs humorísticos.
Xente de todos eses eidos xúntase para renderlle un entusiasta tributo. Lonxe das lamentacións montaron un festival no que mandan a literatura, a música e o humor… sirva de exemplo que a súa mascota é unha Pata con Botas, inspirada nos xogos de palabras que tanto gustaban ó Hematocrítico..
De seguido falamos con dous guionistas e ilustradores ….Alberto Vázquez e Manuel Bartual.
Virá tamén o compañeiro Moncho Lemos coas estreas da semana: Marco e Amanece en Samaná, dous filmes españois desta semana.