De como unha novela levou a un achado. A historia dos aneis dos nove bispos medievais soterrados en Santo Estevo de Ribas de Sil.
Son catro aneis milagreiros dos que o xoieiro José Luis Ferreiro fixo unhas réplicas que se poden ver na sancristía. Os orixinais están a ser estudados no CSIC.
Falamos con el e con Vania López, directora do Centro de Conservación San Martín da Diocese de Ourense, que foi quen fixo a descuberta. Tamén coa escritora María Oruña, que levantou a lebre cunha novela publicada en 2020.
Dolores Vilavedra comenta o ensaio “Economía e poesía. Rimas internas”, de Yolanda Castaño.