Domingo Martínez de Presa, o cura monicrequeiro.
Foi abade de San Miguel de Feás, en Xinzo da Limia. Deseñaba autómatas e escribiu un libro sobre eles en 1662.
Falamos con Inacio Vilariño, que reproduciu un deses enxeños para o Museo das Marionetas de Lalín.
Ana Romaní lévanos ata o SOPA.
E con Raquel C. Pico coñecemos o primeiro manual para aprender a ler en galego: “Método de lectura”, publicado en 1932... E a súa autora, Josefa Iglsias Vilarelle. Unha mestra que exerceu en Mouronte (Pontevedra)