Coñecemos a actividade cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, no concello de Mos, cerca de Vigo. Son os responsables dunha das salas de concertos máis importantes de Galicia, a Sala Rebullón, e organizan eventos como o Miúdo Fest e o recén creado Son da Rebullón.
Eva Mejuto segue conmemorando o 8M con libros. Desta volta, Bárbaras, un achega desenfadada á menstruación de María Reimóndez, e mais Desmontando o corpo. Construíndo a ciencia, de Andrea Barreira Freije, sobre as xemelgas Fernández de la Vega.