Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 596 (11-5-22): Economía Circular desde a Galiciencia
    Programa monográfico desde a Feira Científica Galiciencia desde a Tecnópole, o Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas. Contamos con Javier Taibo (director de Tecnópole), Miguel Ángel Yebra (profesor do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia), Sabela Fernández (CIFP Politécnico de Lugo), Miguel Rodríguez (Investigador en Economía Circular de ECOBAS), Lourdes González Sotelo (CPI Uxío Novoneyra), Ana Piñeiro (Colexio Eduardo Pondal de Cangas) e o noso virólogo de cabeceira César Muñoz Fontela.
    57 min
  • Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes
    (2:00) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos.
    (13:26) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co líder do grupo Pablo López Quinteiro, que é ademais un dos maiores especialistas na música de Mahler.
    (42:41) @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022
    56 min
  • Efer 594 (27-4-22): As áreas arqueolóxicas como Tourón deteñen os megalumes forestais?
    (2:31) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es
    (29:50) Juan Picos é o director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra da Universidade de Vigo. No ano 2017 descubrimos que estamos expostos a unha nova tipoloxía de lumes altamente destrutivos. O cambio climático e nosa ordenación territorial son a causa de que esteamos en alto risco de sufrir estes megalumes. Non sabemos cando ha de ser, pero debemos de estar preparados.
    56 min
  • Como escribir un relato de inspiración científica para @inspiraciencia
    [Contido extra] O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es
    32 min
  • Efer 593 (13-4-22): A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial "De Lugares e órganos".
    [Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de "Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela" cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos.
    No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz, Yago Portela fillo do creador do OrganSound, e Belén Bermejo, directora do ciclo "De lugares e órganos".
    1 hr 4 min
  • Efer 592 (6-4-22): Química de vangarda inspirada na natureza
    (2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.
    (19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica "La Bomba" de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial).
    (34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Cajal da Universidade da Coruña. Conversamos con ela desde o CICA sobre o seu proxecto Starting Grant financiado polo Consello Europeo de Investigación de nanoestructuras peptídicas inspiradas na bioloxía.
    57 min
  • Nunha estrela moi lonxana con Antón Baleato
    Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida.
    14 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.