Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Conecta Covid: I+D+i galego fronte a pandemia [Gain]
    No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes.
    Un dos proxectos de Conecta Covid é Nanofluidetec que analizamos na nosa entrevista central aquí https://go.ivoox.com/rf/83090453
    4 min
  • A pescuda galega da PCR de peto: Nanofluiditec
    Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow.
    BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescencia Wajih Al-Soufi.
    27 min
  • Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend!
    (3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira "Wicho" fainos un debuxo da situación actual.
    (11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes.
    (14:39) Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow.
    BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescencia Wajih Al-Soufi.
    (40:46) Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto "Lanternas da Ciencia" do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro.
    1 hr
  • O osiño de Karikó e o ARN, con Lluís Montoliu
    Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.
    25 min
  • Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía
    (2:14) Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.
    (26:44) Christiane Dosne Pasqualine de 102 anos foi pioneira no estudo da leucemia en Arxentina. En "Christiane, o bio-musical científico" Belén Pasqualine homenaxea coa única axuda da súa voz e o seu piano á súa avoa. Na conmemoración do 11 de Febreiro o IGFAE, CIQUS e CIMUS programaron esta obra no Gaiás.
    (40:00) A nosa Rosalía deixou escrito
    "Ou ti!, roxa estrela
    que din que comigo
    naciche, poideras
    por sempre apagarte,
    xa que non pudeche
    por sempre alumarme...!
    Foi unha licenza literaria, unha referencia astrolóxica ou en verdade estaba a pasar algo singular nos ceos nesa época? Xabier Pérez Couto @astroxabi, e Martin Pawleiy @pauley investigaron a fondo e propoñen a hipótese da interpretación astronómica. Veñen de publicar os resultados na revista de estudos rosalianos "Follas Novas" https://follasnovas.rosalia.gal/wp-content/uploads/2022/02/VariaPawley-PerezCouto.pdf
    1 hr
  • Efer 585 (9-2-22): Pioneiras e invisibles da ciencia en Galicia
    (3:39) A especialista en Historia da Ciencia Xoana Pintos e o xornalista Manuel Rey (con Eduardo Rolland) veñen de publicar sendas obras para visibilizar ás nosas primeiras científicas. Conversamos con eles sobre "Pioneiras da Ciencia en Galicia" e "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago", ambos libros editados por Galaxia.
    (45:14) A nosa colaboradora Joana Magalhaes xunto coa investigadora do grupo Nanotoxgen da UDC Vanessa Valdiglesias asinan un estudo de AMIT-Galicia sobre a presenza feminina na Real Academia Galega de Ciencias.
    59 min
  • A promo da tempada 15
    Promoción da tempada 15 de Efervesciencia na Radio Galega na que facemos un guiño a "Primeira Plana" de Willy Wilder. "E quen vai escoitar o segundo parágrafo?!"
    1 min
  • Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida
    En febreiro de 2009 comezamos a emitir a sección "Guía do Ceo" nun programa que realizamos desde A Casa das Ciencias. Logo de moitas noites estrelecidas os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino dinnos ata logo. Pero non quedamos orfos, colle o se relevo na sección @astroxabi, Xabier Perez Couto, que ha ser o noso novo "Guía" polos ceos nocturnos. Desde A Casas das Ciencias novamente, o @astroxabi estrease co seu itinerario para observar os ceos de inverno.
    22 min
  • Efer 584 (2-2-22): “O universo é un panettone”. Cosmoloxía con Antón Baleato
    [Versión estendida]
    (3:28) Desde os soportais da Casa das Ciencias conversamos co novo cosmólogo coruñés Antón Baleato e con Martin Pawley. Baleato esta a facer o seu postdoutoramento no Berkeley Center for Cosmological Physics. Con el coñecemos a importancia do Fondo Cósmico de Microondas para estudar a orixe do noso universo.
    (42:12) Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida
    1 hr 5 min
  • Efer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise
    (14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rendemento 7000 veces maior que a síntese tradicional. Conversamos no CIQUS-USC co investigador científico do CSIC Fernando López, especialista en catálise asimétrica.
    (4:18) Por que ao estar coa regra entran ganas de comer trapalladas coma unha lima? Mito ou realidade? Nolo conta Laura Veiga @PingandoG na súa sección de divulgación sobre o ciclo menstrual. Envíanos as túas dúbidas.
    (0:40) e (39:00) O ano pasado o experimento muón g-2 do Laboratorio Nacional de Aceleradores Fermi, o FermiLAb, de Chicago fixo públicos os seus resultados da medida do momento magnético do muón. O resultado non cadra cos cálculos consensuados para esta magnitude polos teóricos. Isto podería significar que existen nova física ou novas partículas alén do Modelo Estándar. Ou non. A unha pequena colaboración de teóricos empregando un método alternativa semella que as contas cadran. En que rematará todo isto? Analizámolo con Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxias (IGFAE).
    www.efervesciencia.org
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.