Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 582 (1-1-22): A festa do clítoris e os papers falsificados. Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 2)
    No programa especial de Anivovo seguimos a cantar, e contar, a mellor ciencia do ano grazas ao noso equipo de colaboradores: Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano desde o paraninfo da Universidade de Santiago.
    Con Alberto Garcia Basteiro analizamos como se viviu desde África este ano de pandemia. Alberto García-Basteiro é investigador no Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e coordinador da área de investigación en tuberculose no "Centro de Investigação em Saúde" de Manhiça en Mozambique.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 1)
    Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano.
    O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial José Santos da Universidade de A Coruña debulla para nós o achado científico do ano da revista Science.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Os Camiños da Innovación [Gain]
    Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza. O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexillón.
    21 min
  • Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo
    Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver.
    A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas-faro que emiten periodicamente ondas de radio. A historia da súa vida é fascinante. Coa colaboración de Martin Pawley entrevistamos na Coruña a Jocelyn Bell, un faro tamén para os astrónomos afeccionados que a convidaron a participar no seu XXIV Congreso Estatal de Astronomía. As voces da dramatización sonora corresponden a Victoria Pérez e César Goldi.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 579 (22-12-21): "Descubrimos ca hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado antes do que se pensaba
    (2:20) Levamos os nosos micrófonos ao CIMUS na Universidade de Santiago para visitar o grupo de "Enfermidades e Xenoma" que lidera José Tubio. Conversamos coas investigadoras Paula Otero, Eva García Álvarez e co propio Jose Tubío, que vén de gañar o premio nacional de investigación en cancro Doutores Diz-Pintado. Acaban de publicar en Nature Communications un traballo que demostra que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado ata 20 anos, ou máis, de que se detecte o tumor. Explícannos como funcionan os reloxos moleculares, e mesmo os atrancos que tiveron que superar á hora de publicar esta investigación.
    (24:19) Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza (45:36). O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexilón.
    www.efervesciencia.org
    59 min
  • Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet
    (3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial.
    (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou nun proxecto de implantación do modelo SBIRT en Galicia. Este cribado nos centros de saúde está pensado para detectar precozmente e tratar adicións en adolescentes, tanto adicións con substancia como adicións sen substancia (xogo on-line, videoxogos e consumo problemático de internet).
    Ao fío das adicións nos adolescentes facemos un faladoiro con Belén Montesa (psicóloga experta en adicións), Fernando Lacaci (presidente da Confederación de ANPAS galegas) e Sabela Rodríguez García (Orientadora do IES A Cachada de Boiro)
    www.efervesciencia.org
    1 hr
  • "Lúa Negra", relato gañador de Inspiraciencia adultos
    Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila.
    14 min
  • Efer 577 (8-12-21): O que nos ensinan as células zombis do envellecemento
    (2:27) Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego.
    (12:12) Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento" do IDIS. Conversamos co investigador Manuel Serrano (IRB Barcelona), que vén de ser fichado por Jeff Bezos e Yuri Milner para Altos Lab. Este laborarorio privado pretende ser a vangarda mundial en investigación sobre envellecemento. Tamén falamos con María Abad (VHIO), Joaquin Aribas (VHIO), Ramón Martínez (UV) e Ignacio Palmero (UAM).
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 576 (1-12-21): Descifrando o astronógrafo de Navalón
    (3:30) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila.
    (16:57) Documentos antigos perdidos no fondo dun armario, un texto indescifrable, un estraño instrumento científico, un pedagogo masón esquecido pola historia... Todos estes elementos forman parte da aventura que uniu á José Ángel Abraldes, director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, a Fátima García Doval, doutora en didáctica e innovación, e a Juan Carlos Asensi, arquitecto docente. A misión: determinar se o chamado astronógrafo de Navalón era unha invención ou unha pequena marabilla en forma de planetario táctil.
    www.efervesciencia.org
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.