Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 570 (29-9-21): Ardora
    (3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla.
    (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade bioluminiscente do dinoflaxelado Noctiluca scintillans. Pero cando o investigador do IEO en Vigo Francisco Rodríguez colleu mostras en Ponteceso atopou unha sorpresa que contou nos nosos micrófonos.
    (38:52) A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo.
    Un posible modelo de alegación http://agrupacionio.com/propuesta-de-alegaciones-para-la-consulta-publica-del-prd-de-eficiencia-energetica-y-reduccion-de-la-contaminacion-luminica/
    www.efervesciencia.org
    1 hr
  • Chamamento para salvar a noite [Guía do Ceo]
    A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo.
    Un posible modelo de alegación http://agrupacionio.com/propuesta-de-alegaciones-para-la-consulta-publica-del-prd-de-eficiencia-energetica-y-reduccion-de-la-contaminacion-luminica/
    1 hr
  • Efer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o Tinglado
    Programa especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galicia, IIM).
    E ademais tomamos o pulo das actividades da G-Night en Santiago, Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo da man respectivamente de José Costoya, Cristina Naya, Mª Isabel Doval, Juan Picos, Anne Gosset e Mercedes Novo.
    www.efervesciencia.org
    www.gnight.gal
    55 min
  • Guía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca
    [Versión estendida] Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán.
    Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros.
    https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria/o-ceo-do-vern-efervesciencia-2021
    36 min
  • Efer 568 (14-7-21): Begoña Vila: O sprint final do telescopio James Webb
    (2:01) Logo de máis de dúas décadas cada vez está mais próximo o lanzamento do telescopio espacial James Webb que esta chamado a substituír ó xa mítico telescopio espacial Hubble. Coñeceremos tódolos detalles do James Webb en conversa desde os Ángeles coa enxeñeira de sistemas da nasa Begoña Vila en compaña do noso Martin Pawley.
    (26:57) O robot social NETA V3A da a benvida aos visitantes da exposición “Galicia Futura”. No seu deseño participou Alberto Montiel (FrutoDS). María José Mariño cóntanos a novidade da convocatoria “Deseña PEME” da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
    (32:40) Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán.
    Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros.
    https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria/o-ceo-do-vern-efervesciencia-2021
    59 min
  • Efer 567 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC.
    A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de transferencia, os casos de éxito de grupos de investigación que conseguiron levar ó mercado ó seu coñecemento, e finalmente, o éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Deste xeito conversamos con Manuel Lemos, (catedrático de microbioloxía da USC do grupo de microbioloxía en acuicultura) (2:03), Pío González (Catedrático de física aplicada da Universidade de Vigo) (9:31) e Esteban Vázquez (Alice Biometrics) (32:43).
    "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC.
    Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.
    59 min
  • Efer 566 (1-7-21): Monográfico: A consolidación da biotecnoloxía en Galicia
    Ao fío da presentación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia en Galicia 2021-25 por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preparamos un monográfico para escoitar as diferentes voces do ecosistema de innovación galego.
    (2:55) Patria Fernández, directora da área de Servizos do GAIN, e Carme Pampin, Clúster Tecnóloxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga)
    (30:17) Sonia Martínez Arca (Celtarys), Manuel Lolo (Ams Labs) e Juan Buela (Sun Rock Biopharma)
    www.efervesciencia.org
    1 hr 2 min
  • Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC
    (2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC).
    (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión aproveitamos a concesión do I Premio de Divulgación da Real Academia Galega de Ciencias para conversar co creador dos Museos Científicos Coruñeses.
    (34:36) Estreamos sección con Laura Veiga, pingando.gal, sobre o ciclo menstrual respondendo a cuestión de se se pode predicir a primeira regra.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54
    (2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54.
    (31:36) O proxecto de ciencia cidadá GaliciaBMS recolle datos de bolboretas a partir de paseos de voluntarios polo campo. Falamos con Marta Vila e Lorena Rilo da UdC e con Saba González que coordina BMS en Galicia.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas
    (2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña.
    (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC.
    Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.
    (18:45) Unha das últimas portadas de Nature ilustra a creación dun revolucionario repetidor cuántico desenvolvido no Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona. Este traballa forma parte da tese de doutoramento de Darío Lago, @osondasideas, que nos explica en detalle como se levou a cabo o experimento.
    (44:10) O programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN) permite reter e captar talento investigador. Tanto de investigadores que teñen obtido proxectos do Consello Europeo de Investigación (ERC) como aqueles que queren concursar con éxito a estes prestixiosos proxectos. No primeiro caso está o investigador do CIMUS-USC Rubén Nogueiras que nos conta as súas investigacións en obesidade.
    www.efervesciencia.org
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.