Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol
    (4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo.
    (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o sistema multicámara da Liga Nacional de Fútbol Profesional. Como inflúe a idade no rendemento dun futbolista? Cal é o mellor minuto para cambiar os xogadores? Como avaliar o rendemento dos futbolistas? Estas son algunhas das preguntas sobre as que pesquisa o noso convidado.
    (44:03) Acompañamos a Jenifer Espadasín, Berta Rial e Ana Bouzas do proxecto de divulgación da ciencia de datos “StatWars: O imperio dos datos” da rede Biostatnet a un sesión coa rapazada do IES de Sar en Santiago de Compostela.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación
    (2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21.
    (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros.
    (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Facultade de Historia de Ourense da Universidade de Vigo, é experta en mitoloxía grega e o papel da muller na antiga Grecia.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 560 (20-5-21): Anatomía da batalla dos aerosois con José Luis Jiménez e Sonia Villapol @jljcolorado @svillapol
    (4:56) A axencia espacial chinesa chega a Marte. Nolo conta Javier Pedreira “Wicho”
    (17:23) Debullamos a “guerra do aerosois” que tivo lugar na comunidade científica á hora de encarar o esparexemento da Covid. Contamos coa testemuña en primeira liña de José Luis Jimenez, catedrático de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado, con quen conversamos coa axuda da neurocientífica Sonia Villapol (Texas Médical Centre).
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade
    (0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom.
    (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A Ciencia ten nome de muller” onde cinco economistas mulleres comparten as súas investigacións e reflexións sobre a desigualdade de xénero. Elas son María Loureiro (Investigadora da USC, investigadora honorífica da UVigo e Directora Científica de ECOBAS), Coral del Río (Investigadora da UVigo experta no estudo da desigualdade), Emma Iglesias (Investigadora da UDC, directora do departamento de Economía) e Amaia Palencia (investigadora de predoutoramento na UVigo, grupo Equalitas).
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • #MitosEvolución 2: A selección natural sempre actúa ao noso favor?
    "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC.
    Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.
    13 min
  • #MitosEvolución 1: Descendemos dos monos? (convidado JM Bermúdez de Castro)
    "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC.
    Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.
    11 min
  • Efer 558 (6-5-21): César de la Fuente, ordenadores e bioenxeñería contra as superbaterias
    (0:01) Introdución da Avoa de Einstein con Juanjo Fernández ao piano
    (3:38) Aberta a nova edición do concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”. Recuperamos o relato de José de la Sota gañador en 2015. https://inspiraciencia.es/gl/
    (6:37) O biotecnólogo galego César de la Fuente con só 35 anos leva gañado unha chea de prestíxiochos premios ó longo da súa carreira. O último deles o Premio Princesa de Girona de Investigación 2021. De la Fuente lidera o grupo “Machine Biology Group” da Universidade de Pensilvania onde emprega os ordenadores para desenvolver péptidos con capacidade antibiótica mellorando os que existen na natureza ou evolucionándoos “en silicio”. As liñas de investigación de César de la Funte están na vangarda da loita contra as bacterias resistentes aos antibióticos. O seu grupo tamén está desenvolvendo test rápidos, eficaces e baratos de producir para a covid.
    (39:35) Probablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola. O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta cóntanos na súa sección “Historias de virus: habelos hainos” parte da historia da varíola.
    57 min
  • Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África
    (2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os asentamentos, a cultura material, as tradicións e a literatura desta zona do mundo. Jorge de Torres participa no programa Oportunius de retención de talento investigador do GAIN (Axencia Galega de Innovación).
    (22:13) Os 93 anos finou o catedrático emérito de Historia da Universidade de Sevilla José Luis Comellas. Este ferrolán foi todo un mestre para a comunidade de astrónomos afeccionados en España. Especialmente pola publicación da súa “Guía del Firmamento”. Conversamos co seu sobriño-neto Eduardo Díaz Comellas e co astrónomo Borja Tosar.
    (38:23) “Cultivando na auga: tradición e innovación” é un documental que recolle o estado da investigación e explotación da acuicultura en Galicia. Este documental é unha iniciativa da rede de investigación Inmunogenom na que participa Paulino Martínez (Grupo Acuigen da USC) e Carlos Pereira Dopazo (Director do Instituto de Acuicultura da USC). https://youtu.be/dUfB7Wh7Vk0
    59 min
  • As cebras "avatar" de Pelayo
    Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras--
    21 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.