Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Ciencia cidadá contra os malos cheiros ambientais [Muller e Ciencia]
    Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. Sección “Muller e Ciencia” con Joana Magalhães.
    17 min
  • Efer 575 (24-11-21): O fármaco eficaz contra a artrose era un antidepresivo
    (2:30) Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos.
    (19:39) O grupo de Patoloxía Muscoloesquelética do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) vén de publicar en British Journal of Pharmacology os resultados do proxecto "Stop Artrose". "Stop Artrose" foi un proxecto de micromecenado en Precipita.es para conseguir fondos para rematar unha investigación de reposicionamento de fármacos contra a artrose. Dous anos despois de solicitar a colaboración da cidadanía na súa investigación os membros do grupo de Patoloxía Musculoesquelética dan conta á sociedade explicando como foi o proceso que lles levou a identificar un antidepresivo como tratamento contra a artrose e a gora. Desde o seu laboratorio do IDIS conversamos con Rodolfo Gómez, Ana Alonso e Eloi Franco.
    (45:01) Laura Veiga (@PingandoG) explícanos o que se sabe sobre se existe relación entre insomnio e ciclo menstrual.
    57 min
  • Efer 574 (17-11-21): Xenómica, Antártida e cogomelos no S. Alberte da UVigo
    Programa con público desde o salón de actos das Facultades de Ciencias Experimentais (Bioloxía, Ciencias do Mar e Química) da Universidade de Vigo co gallo da celebración do San Alberte.
    (2:56) Xenetistas: Armando Caballero, Paloma Morán e Diana Valverde
    (18:43) Ciencias do Mar: Paula Diz, Elsa Vázquez e Mariano Lastra
    (40:57) Cogomelos: Marisa Castro e Maria Cabaleiro
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • As paixases sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza]
    As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América.
    https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1
    11 min
  • Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2
    Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polos gases de efecto invernadoiro: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois.
    (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa
    En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa.
    (17:31) Unha metade do premio nobel de física deste ano 2021 correspondeu a Klaus Hasselmann e Syukuro Manabe pola “modelización física do clima da terra, a cuantificación da variabilidade e predición fiable do quentamento global” Debúllanos o que hai tras este nobel Juan Antoni Añel, profesor titular de Ciencias da Terra na Universidade de Vigo no campus de Ourense. Hai poucos meses Añel asinou cos seus colegas do grupo EphysLab en Environmental Research Letters un estudo altamente citado sobre a contracción da estratosfera polo incremento dos gases de efecto invernadoiro
    (44:59) As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 572 (27-10-21): Monográfico XXIV Congreso Estatal de Astronomía
    Monográfico dedicado ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO na Coruña entre o 8 e 12 de outubro de 2021.
    (2:30) As tres as astrónomas galegas que cartografían os obxectos descoñecidos da nosa galaxia coa sonda espacial Gaia da ESA: Minia Manteiga (UdC), Ana Ulla (UVigo) e Ruth Carballo (Universidade de Cantabria).
    (18:02) Cos afeccionados Mónica Veiga e Pablo Martínez Alemparte.
    (23:39) A exploración espacial da ESA con Michael Küppers (Coordinador de Estudos de Misións Cosmic Vision, ESA), Alejandro Cardesín (Coordinador da Comunidade Española de CienciasPlanetarias e Exploración do Sistema Solar, misión Mars Express e ExoMars ESA) e Eva Villaver (Centro de Astrobioloxía CAB, INTA-CSIC).
    (39:38) Redibuxar as contelacións para devolverlle o seu significado con Ana Huertas e Fernándo Jáuregui.
    (43:53) A industria da ciencia con Pedro Duque.
    58 min
  • Van desaparecer as gaivotas?
    En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla.
    14 min
  • Efer 571 (6-10-21): O nobel emigrante que sobrevivía facendo horóscopos
    (3:21) A astrofísica galega Olga Suárez traballa no observatorio astronómico de Niza en Francia. Este verán impartiu unha charla na Domus en A Coruña sobre mulleres astrónomas. Conversamos con ela e co noso estreleiro Martin Pawley.
    (17:37) Debullamos o premio nobel de medicina ou fisioloxía con Félix Viana, investigador do Instituto de Nuerociencia de Alacante. Viana traballa nos receptores de presión e temperatura, e por iso coñece persoalmente aos galardoados David Julius e Ardem Patapoutian. Cando Patapoutian chegou emigrado a Estados Unidos desde o Líbano tivo que sobrevir facendo horóscopos en Armenio.
    (45:35) Lembramos a Paco Franco, director do Aquarium Finisterrae, tristemente finado da man do director dos Museos Científicos Coruñeses Marcos Pérez.
    www.efefvesciencia.org
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.