Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia
    (2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais.
    (32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras--
    56 min
  • "Os obxectos masivos no interior das galaxias poderían ser estrelas de bosóns" Juan Calderón Bustillo [Versión estendi
    [Versión estendida] As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns.
    36 min
  • Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura?
    (3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa.
    (14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns.
    (42:43) A que sabe Luis Seone? O artista Fran Quiroga artella un ensaio arte-ciencia na Fundación Luis Soane coa participación da spin off da Universidade de Santiago TasteLab. Conversamos con Fran Quiroga e Andrés Martínez Sánchez de TasteLab.
    59 min
  • Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida]
    [Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta.
    45 min
  • Efer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta?
    (2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante.
    (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístinos sen contaminación luminosas por culpa dos obxectos artificiais que orbitan o noso planeta.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Guía do ceo de primavera 2021 partindo de cero
    Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://tinyurl.com/guiaceoprimavera21
    20 min
  • Efer 553 (1-4-20): Os vascos xeneticamente son marcianos? Microdiversidade xenética en Euskal Herria e Galicia
    (3:12) Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://1drv.ms/b/s!AumGabMIeX6emOl05xgmnBj7W5WZdQ?e=QurNir
    (22:14) Recentemente apareceron titulares na prensa salientando o “estudo definitivo” da singularidade xenética do vascos. Sen contexto estás informacións levan a equívocos e falsos estereotipos. O artigo científico en cuestión foi publicado en Current Biology e o seu primeiro autor é o xenetista galego André Flores Bello, investigador de postdoutoremento no Instituo de Bioloxía Evolutiva CISC-UPF. O último asinante do paper é o investigador do mesmo centro David Comas. Con eles dous e coa nosa colaboradora Marta Vila debullamos o que ten de diferente na realidade a xenética dos vascos, e de paso tamén a dos galegos.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 552 (25-3-21) A divulgación científica en Galego chega a Twitch: Ecos de xigantes
    [2:34] Desde Madrid e Barcelona un ambientólogo, unha inmunóloga e un físico cuántico veñen de poñer en marcha a primeira canle de divulgación científica en galego na plataforma twitch: Ecos de Xigantes. Eles son Diego Ferraz @dferrazc, Carmela Cela @Biochemiss, e Dario Lago @osondasideas. Conversamos sobre esta iniciativa e os proxectos de divulgación persoais de cada un deles, como son Naturiza no Salto Diario ou a canle de Youtube “O son das Ideas”.
    [27:54] Martin López Nores é un enxeñeiro profundamente humanista. Este investigador de AtlantTic da Universidade de Vigo lidera o proxecto europeo rurALLURE H2020 de promoción dos museos rurais na contorna das rutas europeas de peregrinaxe.
    www.efervesciencia.org
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.