Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Pescuda de novas partículas no LHC. Entrevista completa con Xabier Cid.
    En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura.
    37 min
  • Polarización, redes e evolución pandémica
    Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri.
    17 min
  • Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?
    (4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores.
    (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura.
    (37:51) Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Neurociencia, microbiota, covid persistente... Entrevista completa con @svillapol
    [Versión estendida] Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedade ós avances científicos nesta área. Vén de publicar unha revisión sistemática dos efectos persistentes da Covid, o 80% dos doentes analizados amosan secuelas logo da fase aguda da enfermidade.
    35 min
  • Como se fixo o ensaio preclínico da aplidina, con Adolfo García Sastre [Versión estendida]
    [Versión estendida] O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos.
    21 min
  • Efer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia Villapol
    Estaremos neste programa en Houston e Nova Iork.
    (3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos.
    (19:14) Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedade ós avances científicos nesta área. Vén de publicar unha revisión sistemática dos efectos persistentes da Covid, o 80% dos doentes analizados amosan secuelas logo da fase aguda da enfermidade.
    (40:53) Non é o mesmo ler negro sobre branco que branco sobre negro. Nin ler un texto no exterior que no interior. Desde Nova Iork aténdenos José Manuel Alonso, investigador no College de Optometría da Universidade Estatal de NY, para contarnos os seus últimos achados sobre a visión e o contraste.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Efer 544 (28-1-21): A patente que extrae antiséptico do bagazo do albariño
    (1:46) As consecuencias do confinamento duro nas aves poden ter signos opostos segundo nos comenta o noso paxareiro Nacho Munilla. Convidamos tamén ao biólogo Tino Quintela que en breve comezará na Universidade de Vigo un contrato Marie Curie para estudar organismos dos solos degradados tropicais en Borneo.
    (2:56) Previa da Regueifa de Ciencia “Estamos a crear un mundo tóxico?,” con Moisés Canle, Juan Manuel López Nicolás e Dolores Romano.
    (32:05) No espazo dedicado ao GAIN (Axencia Galega de Innovación) Luisa Boquete explícanos o programa de axudas para fomentar a participación dos axentes galegos do sistema de I+D nas convocatorias europeas Horizonte 2020. Unha modalidade desta iniciativa permite rescatar proxectos galegos que conseguiron un selo de excelencia da EU pero que quedaron sen financiamento.
    (39:24) Un exemplo desta repesca das axudas europeas é a spin-off I-Grape Laboratory. Juan Verdes explícanos como valorizan os restos do bagazo da uva albariña para extraer os compoñentes antisépticos e antioxidantes para crear produtos hixiene animal.
    www.efervesciencia.org
    59 min
  • Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño
    (3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows
    (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe”
    (23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz” como é o caso das vacinas da covid. O grupo de Carlos Martín, catedrático da Universidade de Zaragoza, leva dúas décadas desenvolvendo unha nova vacina contra a tuberculose, a MTBVAC en consorcio con Biofabri, do grupo biofarmacéutico Zendal no Porriño. Falamos dos últimos resultados de MTBVAC con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeneral de Biofabri. MTBVAC amosa protección en macacos contra a tuberculose transmitida de forma respiratoria por aerosois. Ademais veñen de demostrar en ratos que esta vacina cura o asma. Para poder realizar o estudo en fase III en adultos desta vacina precísanse 200 millóns de euros.
    Por outro lado, Esteban Rodríguez cóntanos como é a transición de Biofabri para pasar de producir vacinas veterinarias a vacinas humanas. Biofabri fabrica xa o antíxeno da vacina da covid de Novavax para fornecer en Europa esta vacina, e está a preparar lotes para as fases clínicas das vacinas do CSIC de Mariano Esteban e Vicente Larraga.
    (44:17) Rocío González e David Ballesteros preséntannos a nova tempada de Aquelando na TVG2.
    www.efervesciencia.org
    59 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.