Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • "Os curandeiros de África, aquí son os do 5G e as vacinas" César Muñoz Fontela [Versión estendida]
    [Versión estendida en podcast] O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África co ébola e laza, Muñoz Fontela ten atopado reticencias e rumores tales como “os europeos veñen aquí a roubármonos ós órganos”. Argumentos que no fondo son moi semellantes ao “o virus o causa o 5G”
    35 min
  • Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta
    (2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet”
    (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África co ébola e laza, Muñoz Fontela ten atopado reticencias e rumores tales como “os europeos veñen aquí a roubármonos ós órganos”. Argumentos que no fondo son moi semellantes ao “o virus o causa o 5G”
    (40:54) Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino, dannos unha pista para atopalo facilmente a vindeira semana.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 541 (6-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 2]
    Versión estendida da segunda parte do programa especial de aninovo, emitida o 6 de xaneiro de 2020.
    Contamos, e cantamos a mellor ciencia do 2020 e a que está por vir neste ano novo. Empregamos de referencia, como é tradición, a escolma da revista Science e os persoeiros do ano de Nature. Nestas dúas horas de radio escoitaremos achados fascinantes pero tamén fracasos, saberemos de senlleiros científicos e científicas que nos deixaron e tamén haberá tempo para o debate.
    Para todo isto contamos coa nosa tripulación titular de colaboradores científicos que nos atenden desde Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: Marta Vila, Irene Baspino, Martin Pawley, Rosa Pedrido, Borja Tosar, Deborah García Bello, Leonor Parcero, Wicho, Joana Magallaes, Susana Ladra e Nacho Munilla. Equipo que se complementa con César Goldi e o pianista Juanjo Fernández, e con Dosi Veiga, editor de Ceos Galegos.
    1 hr 26 min
  • Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1]
    Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020.
    Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Science anualmente e os persoeiros que escolle Nature. Teremos tempo para contarche historias emocionantes, achados que cambian as nosas vidas, descubrimentos que fascinan o escoitalos. Tamén trataremos o bo e malo que houbo no mundo da ciencia nestes últimos 365 días, pero como estamos comezando un novo ano e gústanos a festa haberá ocasión de probar as habilidades cantoras dos noso equipo efervescente.
    Para todo isto contamos coa nosa tripulación titular de colaboradores científicos que nos atenden desde Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: Marta Vila, Irene Baspino, Martin Pawley, Rosa Pedrido, Borja Tosar, Deborah García Bello, Leonor Parcero, Wicho, Joana Magallaes, Susana Ladra e Nacho Munilla. Equipo que se complementa con César Goldi e o pianista Juanjo Fernández, e con Dosi Veiga, editor de Ceos Galegos.
    2 hr 12 min
  • Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica
    (4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa”
    (14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rapazas galegas cren en si mesmas e nas súas capacidades cara facer ciencia máis que a sociedade en conxunto. Da man de Joana Magalhães conversamos con Marta Veiga (xestora de Xuvenciencia) e Laiala Al-Soufi, doutoranda en neurociencia e analista deste estudo.
    (34:39) Como anticipo do XIV Congreso Estatal de Astronomía que se organizará na Coruña en 2021 anúnciase a entrevista en Youtube da astrónoma galega Ana Ulla á súa colega Jocelynn Bell. A astrofísica norirlandesa xa forma parte dos grandes persoeiros da historia da astronomía.
    (39:25) Dani Pizarro tráenos unha crítica da versión en banda deseñada do “Sapiens” de Yuval Harari.
    59 min
  • Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata [Saber por se acaso #2]
    “Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.
    12 min
  • RCP en tempos da Covid [Saber por se acaso #1]
    “RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.
    17 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.