Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 534 (26-11-20): Crean clons infectivos do SARS-COV-2 para producir variantes do virus no laboratorio.
    (3:19) A Axencia Galega de Innovación financia con 3 millóns de euros 15 proxecto de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.
    (10:45) O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traballo no laboratorio. Neste tempo teñen creado clons infectivos do SARS-COV-2 que poidan ser manipulados no laboratorio como ferramenta para comprender mellor a covid. Por exemplo, o equipo do laboratorio de Martínez-Sobrido teñen creado virus do SARS-COV-2 fluorescentes. Tamén teñen creado ratos e hámster transxénicos que son uns primeiros modelos animais válidos para estudar esta doenza. As vacinas actuais teñen como diana a mesma proteína Spike do virus por iso necesitamos un plan B ante unha eventual mutación do virus, comentounos Martinez-Sobrido.
    (43:08) Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS:
    57 min
  • Diego Peña: "Ao interrogar a moléculas individuais descubriremos novas cousas"
    [Versión estendida] Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC.
    35 min
  • Efer 533 (19-11-20): A revolución da química das moléculas individuais
    (3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos.
    (14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC.
    (40:05) Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña na categoría de adultos de relatos en galego. Locución de Anxo Quintela.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • "Material Minds" O meirande experimento de cognición visual [Versión estendida]
    [Versión estendida] O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos, configuran a nosa mente”.
    www.efervesciencia.org
    22 min
  • O Galeón de Ribadeo con Miguel San Claudio e Ana Crespo [Versión estendida]
    [Versión estendida podcast] Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder.
    Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra do século XVI está uns poucos metros de profundidade no porto de Ribadeo. O galeón Santiago de Galicia ha ser o protagonista desta velada Efervescente co arqueólogo subacuatico Miguel San Claudio e a investigadora do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC.
    www.efervesciencia.org
    38 min
  • Efer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo
    (2:37) Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder.
    Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra do século XVI está uns poucos metros de profundidade no porto de Ribadeo. O galeón Santiago de Galicia ha ser o protagonista desta velada Efervescente co arqueólogo subacuatico Miguel San Claudio e a investigadora do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC Ana Crespo.
    (34:29) O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos”.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Como décadas de investigación conseguiron acurralar á hepatice C, con Juan Turnes
    [Versión estendida] Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método mais de 30 veces en 8 anos, peneiraron 100 millóns de clons. Afortunadamente a farmacéutica mantivo o proxecto malia non ter resultados inmediatos. Finalmente deron cun único clon que tirando do fío resultou ser un novo virus descoñecido para a ciencia que bautizaron como o virus da hepatite C. Hougton xunto con Alter e Rice veñen de gaña o nobel de medicina polo descubrimento do virus da hepatite C.
    32 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.