Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • O verdadeiro clon do Carballo das Mentiras
    O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal.
    14 min
  • Efer 531 (5-11-20): Clons que salvan árbores, clons para desenmascarar o virus da hepatite C
    (3:00) O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal.
    (16:45) Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método mais de 30 veces en 8 anos, peneiraron 100 millóns de clons. Afortunadamente a farmacéutica mantivo o proxecto malia non ter resultados inmediatos. Finalmente deron cun único clon que tirando do fío resultou ser un novo virus descoñecido para a ciencia que bautizaron como o virus da hepatite C. Hougton xunto con Alter e Rice veñen de gaña o nobel de medicina polo descubrimento do virus da hepatite C.
    (44:48) A secuenciación de milleiros de cepas do SARS-COV-2 permite reconstruír cadeas de propagación en España dos primeiros meses da epidemia da COVID. Daniel García Souto do CIMUS explícanos os resultados do consorcio Seq-COVID.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • A astrónoma paciente [Postal Planetaria de @borjatosar]
    Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.
    21 min
  • CRISPR tamén é unha ferramenta contra a Covid, con @lluismontoliu
    Versión integra da entrevista a Lluis Montoliu do programa Efer 330.
    O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu.
    40 min
  • Efer 530 (29-10-20): O CRISPR noso de cada día, con @lluismontoliu
    (2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu.
    (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 530 (29-10-20): O CRISPR noso de cada día, con @lluismontoliu
    (2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu.
    (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.
    www.efervesciencia.org
    57 min
  • Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro?
    Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro?
    (3:25) José Edelstein debulla para Efervesciencia todos os detalles do premio Nobel de Física 2020. Por que o comité Nobel fala de obxecto supermasivo no centro da nosa Galaxia e non de burata negro? Podería ter levado Penrose outro Nobel previamente? Que traballo compartiron Hawking e Penrose?
    (27:45) Como ventila a nosa Bibiana García Visos a súa casa?
    (37:49) Guia do Ceo de Outono con Martin Pawley e Irene Baspino. Sigue a danza cósmica de Xúpiter e Saturno que culminara o 21 de decembro.
    www.efervesciencia.org
    58 min
  • Os universitarios non comprenden ben a evolución
    O traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa especialidade, senón un artigo sobre o coñecemento sobre a evolución dos universitarios galegos. No artigo de Plos One tamén colaborou Marta Vila xunto con outros investigadores.
    28 min
  • Revólveres Colt, Karajan e normalización con @manuelfherradorcción
    Falamos dos revólveres Colt, Herbert von Karajan e a normalización co profesor de contrucción da Universidade de A Coruña Manuel Herrador.
    Herrador forma parte do grupo de normalización CTN 140 de estructuras de hormigón.
    Deste xeito conmemoramos o día internacional da Normalización que se celebra anualmente todos os 14 de outubro.
    11 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.