Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 520 (25-6-20): Anatomía do escándalo do LANCET e a hidroxicloroquina
    (2:40) Alberto García Besteiro xunto cos seus compañeiros Carlos Chacour e Joe Brew destapou o escándalo do “LANCET Gate”. O supostamente artigo “definitivo” que desbotaba o uso da hidroxicloroquina contra a Covid tivo que ser retractado desta importante revista medica. A base de datos do estudo semella ter sido inventada. Alberto García-Basteiro é investigador de ISGlobal e do Centro de Investigación en Saúde de Manhiça en Mozambique. Con el debullamos o “LancetGate” e coñecemos o traballo contra a tuberculose en África.
    (28:22) Roberto Barcala coordina o grupo de investigación en socorrismo REMOSS da Universidade de Vigo. Veñen de estudar como se deben de adaptar as actuacións dos socorristas nas praias na era Covid.
    (40:18) Luisa Martínez da UCC do CSIC-Galicia encargou unhas novas pílulas de coñecemento en YouTube a Rony Flamingo (Carlos Godoy) durante o confinamento.
    57 min
  • Efer 519 (17-6-20): Avalancha de publicacións sobre a COVID: problema ou cambio de modelo? con Juan Ignacio Pérez
    (2:40) Como separar o gran da palla na avalancha de publicación científicas da COVID? Pode o bosque de preprints ocultarnos os traballos relevantes? Como deben comunicar os expertos a evidencias dispoñibles aos xestores políticos? Temos o privilexio de escoitar as reflexións sobre estes temas de Juan Ignacio Pérez, director da cátedra de Cultura Científica da Universidade do Pais Vasco
    (27:23) “DNA Meat” é un kit de experimentación en xenética desenvolvido por Xuvenciencia no Campus de Lugo da USC. Con este kit os escolares poden identificar carne de porco ou vaca mediante PCR caseira e un visor fluorescente maker. Conversamos con Manel Vera, investigador do grupo ACUIGEN da USC:
    (43:24) A chamada sorpresa da Avoa de Einsten é para o investigador en células nai e cancro do IDIS Manuel Collado.
    http://www.efervesciencia.org
    56 min

  • Efer 518 (10-6-20): Faladoiro oceánico desde o Centro de Investigacións Mariñas
    [Versión estendida] Celebramos o Día Mundial do Océanos desde a illa de Toralla na ría de Vigo convidados polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Desde o ECIMAT conversamos sobre a economía azul e sostenibilidade dos océanos con Belén Rubio (vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo), Fran Ramil (zoólogo mariño do grupo de Bioloxía Ambiental), Moncho Gómez Gesterira (EPHYSLAB) e María Pérez Lorenzo (técnica de investigación do grupo de Oceanografía Biolóxica).
    Tamén interveñen Daniel Rey, director do CIM, e Alba Hernández, técnica de divulgación do CIM.
    www.efervesciencia.org
    1 hr 4 min
  • Efer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val
    (2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” -CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC.
    (26:20) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo – na ISS – con medios propios. O modelo de subcontratar as viaxes espaciais á empresa privada é todo un cambio de paradigma. Wicho analiza para Efervesciencia a misión da Crew Dragon Endeavour de Space X -Nasa á Estación Espacial Internacional.
    (43:38) A Avoa de Einstein fai a súa chamada sorpresa ao catedrático de electromagnetismo e divulgador Jorge Mira... e a conversa acaba chegando a “Interstellar”.
    www.efervesciencia.org
    1 hr

  • A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón.
    Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516.
    O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos.
    www.efervesciencia.org
    42 min
  • Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores
    (2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX.
    (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas.
    (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos.
    (48:23) A chamada sorpresa da Avoa levounos ao físico e divulgador José Edelsteien no seu aniversario e no día da publicación do seu primeiro artigo divulgativo en galego no diario Nós.
    www.eferfvesciencia.org
    56 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.