Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas
    (2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos
    Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas, da polimerasa do fago ?29 e o do galego Luis Blanco Davila. “O sombreiro seleccionador de [Luis] Enjuanes levoume a Margarita [Salas]” contounos o profesor de investigación do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” Luis Blanco. Repasamos a carreira investigadora do profesor Blanco no mundo das polimerasas para disecionar como, nun contexto de emerxencia, aparece a idea de crear unha nova tecnoloxía de detección viral. Metémonos na mente do investigador para comprender en tempo real como se produce a ciencia nesta pandemia.
    Este proxecto de test viral disruptivo foi presentado polo Centro Nacional de Biotecnoloxía “Severo Ochoa” e o Centro Nacional de Investigación Oncolóxicas (Grupo de Felipe Cortés) coa participación da empresa 4BaseBio.
    (32:46) Publican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.
    (46:58) A Avoa de Einstein cun teléfono na man non hai quen a pare. Esta vez tocoulle ao divulgador Xurxo Mariño.
    www.efervesciencia.org
    56 min
  • Crebeiros sen fronteiras
    Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia).
    Fragmento de Efer 490 (23-10-19)
    16 min
  • Efer 512 (30-4-20): Inmunoloxía e COVID-19
    Todos queremos saber canto tempo dura a inmunidade tras pasar a COVID-19? Inmunizarémonos todos por igual? Que porcentaxe da poboación xa está inmunizado? Por que os test serolóxicos se empregan para tomar mostras da poboación? Cales son as vías de ataque para buscar tratamentos para a doenza? Algunhas destas preguntas aínda non teñen resposta, nolas contextualiza África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía Sociedade Española de Inmunoloxía
    (4:12)
    Desde Suíza aténdenos Carmela García, bióloga estrutural na Universidade de Zurich e creadora do podcast Bacteriófagos (33:21)
    A nosa colaboradora Bibiana García Visos cóntanos como leva o confinamento (44:33).
    56 min
  • "Imos testar todas as vacinas, agora temos 140 propostas” con César Muñoz Fontela [Versión completa]
    [Versión estendida da entrevista a César Muñoz Fontela do programa Efer 511 do 23-4-0]
    O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación.
    Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da ONS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos.
    A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS:
    41 min
  • Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa
    O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación.
    Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da OMS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos.
    A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS:
    Tamén conversamos Eduardo Rolland, director de GCiencia, que nos explicou como se viviron en Galicia outros andazos, como a peste ou a gripe de 1918, e coa presidenta de SciCom Portugal, Joana Lobo Antunes, que nos falou da situación no país veciño.
    Podemos facer este “Efervesciencia confinados” grazas á axuda en pantuflas da Avoa de Einstein.
    Con este programa retomamos as emisións de Efervesciencia na Radio Galega interrompidas polo estado de alarma.
    56 min
  • Luis Enjuanes, a carreira para producir unha vacina para o coronavirus
    Actualización 23-3-20: Nesta entrevista realizada o 9-3-20 o profesor Enjuanes comenta que o seu laboratorio non dispón de permiso administrativo para reconstruír o SARS-COVID-2. O CNB-CSIC vén de recibir financiamento extraordinario e a autorización para reconstruír o virus como paso para a obtención da vacina.
    Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. O grupo de investigación de Luis Enjuanes e Isabel Sola leva 35 anos investigando en coronavirus. Foron os primeiros no mundo en reconstruír un virus deste tipo e teñen desenvolvido unha vacina contra o SARS-CAV-1, o primo do virus que está causando a actual pandemia. Luis Enjuanes do laboratorio de coronavirus CNB-CSIC cóntanos as diferentes estratexias para crear vacinas e antivirais contra o SARS-COV-2.
    Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204
    24 min
  • Luis Enjuanes: "Non temos aínda o permiso administrativo para reconstruír o virus para preparar a vacina"
    Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. O grupo de investigación de Luis Enjuanes e Isabel Sola leva 5 anos investigando en coronavirus. Foron os primeiros no mundo en reconstruír un virus deste tipo e teñen desenvolvido unha vacina contra o SARS-CAV-1, o primo do virus que está causando a actual pandemia. Luis Enjuanes do laboratorio de coronavirus CNB-CSIC cóntanos as diferentes estratexias para crear vacinas e antivirais contra o SARS-COV-2.
    Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204
    24 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.