Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 501 (8-1-20): Heroes científicos
    Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores.
    César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola.
    O químico da USC Fran Rivadulla explícanos por que as baterías dos móbiles non estoupan e o traballo do seu mestre, o Nobel John Goodenough.
    57 min
  • Efer 494 ( 20-11-19): O secuestro Prismático
    A Avoa de Einstein secuestrou no Ágora de A Coruña aos gañadores dos Premios Primas Casa das Ciencias á Divulgación.
    Conversamos con Jaume Villalta, Sergio Ferrer, Amparo Garrido, Sara Gil, Emilio García, Susana Escudero, Natalia Ruiz Zelmanovitch, Josemi Álvarez, Manuel González, Lluis Montolliu, Javier Salas, Marta Palomo, César Lopez y José Edelstein.
    @joseedelstein @Suescudero @sagilca @PalomoMarta @bynzelman @manolux4444 @javisalas @LluisMontoliu @quequicom33 @SergioEfe @CNIO_Cancer
    59 min
  • Efer 499-500 (1-1-20): Especial programa 500
    Programa especial dobre no que celebramos as 500 edicións en antena de Efervesciencia na Radio Galega. Desde o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela coa música en directo do piano de Juanjo Fernández.
    Repasamos a mellor (e peor) ciencia do ano 2019 con @pawley @CesarGoldi @Estebanfmoreira @castoriva @dosiveiga Nacho Munilla, Irene Baspino e Rosa Pedrido.
    1 hr 51 min
  • Efer 493 (13-11-19): Cánnabis, temos dereito á felicidade química?
    No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas.
    Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei con Fernando Rodríguez Fonseca (Instituto de Investigaciones Biomédicas de Málaga) e Mª José Iglesias Fungueiriño (Psicóloga, Técnica de prevención de drogodependencias da Asociación Renacer de Ribeira).(27:24)
    Conversamos "Baixo Cúpula" con Daniel Marín @eurekablog en como saír do pozo gravitatorio da terra (2:34)
    A química analítica da USC en Lugo Gema Puertas emprega a espectroscopia para loitar contra unha fraude de ovos [SINC] (18:40)
    58 min
  • Efer 492 (6-11-19): A lei psicofísca que permite roubar galletas reformulada, con José Pardo
    Recomendamos escoitar este episodio con auriculares
    1.- Se temos que comernos unhas galletas dun prato sen que se note sempre escolleremos a que mais galletas ten. Isto ten que ver coa lei de Weber. Jose Pardo é investigador no grupo Neurocom da Universidade de A Coruña, e ven de publicar o seu traballo dos últimos anos nos que reformula esta lei psicofísica. [2:18]
    2. Segunda parte da campaña pro estrela Rosalía con Martin Pawley.
    3. Conversa baixo cúpula co físico e divulgador Alberto Aparici @cienciabrujula
    57 min
  • Efer 491 (30-10-19): 20 anos da Asociación Astronómica Sirio e conversa coa exoplanetóloga Zaira Modroño
    Desde o observatorio astronómico de Cotobade celebramos os 20 anos de andaina da Asociación Sirio con David Filgueira, Igor Piñeiro e Emma [2:13].
    Elena Mora adiántanos a Semana da Ciencia no Instituto Galego de Fïsica de Altas Enerxías, IGFAE [22:18]
    A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz.
    Coñecemos da man de Martin Pawley a campaña da Agrupación Astronómica Io para nomear unha estrela con exoplaneta como "Rosalía de Castro" na votación de nombraexplanetas.es
    59 min
  • Efer 490 (23-10-19): Tiburóns e plásticos nas praias
    1. Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). (1:56)
    2. A oceanógrafa Debora Iglesias traballa na Universidade de California-Santa Bárbara foi testemuña do caso de varias quenllas varadas na praia. Gonzalo Mucientes do IIM-CSIC cóntanos o que se debe facer nestes casos. Desde enfoques distintos a conversa con Debora e Gonzalo axúdanos a comprender a situación actual dos océanos. (17:32)
    3. O proxecto D´tec de Gain con María José Mariño e David Ballesteros. (46:48)

  • Efer 489 (16-10-19): [Versión estendida] Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia
    [Versión estendida para podcast]
    Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño.
    En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Boulder), Jorge Pla (CSIC-INTA), Raquel Fraga (grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit, Países Baixos), Martin Pawley, Denébola e Dosi Veiga.
    2 hr 2 min
  • Efer 489 (16-10-10): [Versión estendida] Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia
    [Versión estendida para podcast]
    Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño.
    En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Boulder), Jorge Pla (CSIC-INTA), Raquel Fraga (grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit, Países Baixos), Martin Pawley, Denébola e Dosi Veiga.
    2 hr 2 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.