Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 489 (16-10-19): Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia
    Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño.
    En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Boulder), Jorge Pla (CSIC-INTA), Raquel Fraga (grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit, Países Baixos), Martin Pawley, Denébola e Dosi Veiga.
    57 min
  • Efer 489 (16-10-10): Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia
    Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño.
    En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Boulder), Jorge Pla (CSIC-INTA), Raquel Fraga (grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit, Países Baixos), Martin Pawley, Denébola e Dosi Veiga.
    57 min
  • Efer 488 (9-10-19): A xanela ao universo de Forcarei cumpre 10 anos
    Visitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias.
    1. As castañas de hoxe "creáronse" antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44)
    2. Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando ao universo. Con Ana Ulla (UVigo), Enrique Alonso (Fundación FC3), Richi e Susana (14:40)
    3. Detección de contaminantes emerxentes procedentes de produtos cosméticos. Con María Celeiro (USC), mención honorífica investigadores sénior Premio RAGC (32:23)
    4. En álxebra tamé se investiga con Xavier García, mención honorífica investigadores mozos Premio RAGC (37:06)
    5. Nobel aos mecanismos de adaptación ao osíxeno das células con José A. Costoya (CIMUS) (40:37)
    6. 0 P107, un elo feble para atacar á obesidade? Con Juan Cuñaro (USC), premio investigadores mozos RAGC (47:14)
    58 min
  • Efer 487 (2-10-19): Cerebroides, neuronas en adultos e improvisación [Especial Neurociencia SENC19]
    Infiltrámonos no congreso 18 congreso da "Sociedad Española de Neurociencia" celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela.
    Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes:
    - Cerebroides en placa petri
    - Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética
    - Existe o libre albedrío?
    - Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos
    - En ratiños de laboratoio os efectos positivos do exercicio físico transmítese aos fillos aínda que estes sexan sedentarios
    - Cal é o estado mental dun músico cando fai improvisación?
    - As bolboretas femininas da alma, o papel das hormonas no cerebro feminino
    Para tratar estes temas conversamos con Agnés Gruart (Presidenta da SENC, catedrática de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), José Mª Delgado (catedrático de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), Guglielmo Foffani (enxeñeiro biomédico, HM CINAC), Paola Arlotta (Universidade de Harvard), Luis Miguel García Segura (Profesor de investigación do CSIC-Instituto Cajal), Botond Roska (Friedrich Miester Institute for Biomedical Research, Basilea), María Llorens Martín (Centro de Biología Molécular Severo Ochoa) e Patricia Tezanos (Instituto Cajal)
    1 hr

  • Efer 486 (26-9-19): VII Noite Efervescente e baixo a cúpula con Héctor Socas
    1. As vacacións da avoa de Einstein. Inicio da tempada 13 (0:00)
    2. Carlos Fernández @AcuArchitects ten 16 anos e vén de gañar o concurso de vídeo científico para escolares Ciencia Clip cunha peza sobre arquitectura. (3:17)
    3. VII Noite Efervescente desde Castrelo de Miño e Festival Divulgación. Un ano mais organizamos unha observación pública e inclusiva do ceo nocturno. Acompañáronnos os amigos de Amipa, Aspronaga e Fundación Adcor. Luisa Martínez presentounos "Puf! Vaia Peido" (Editorial Galaxia), Martin Pawley explicounos o ceo e Xurxo Mariño adiantounos o contido da súa charla no Festival Divulgacción. (9:04)
    4. Convite de Beatriz Díaz para o concurso internacional de biotecnoloxía Zendal (30:35)
    5. Conversa baixo a cúpula da Casa das Ciencias co astrofísicom do IAC-CSIC e divulgador @pcoffeebreak Héctor Socas (31:36)
    57 min
  • A promo da tempada 13
    Retornamos ao noso horario habitual dos mércores ás 24 horas. Seguiremos a emitir o mellor dos últimos capítulos ata a chegada do outono.
    O 25 de setembro iniciaremos a nova tempada efervescente. Férvenos a mente!
    1 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.