Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Informar (tamén) dos efectos adversos no cribado do cancro de mama
    Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monserrat Rúe (IRBLLeida). http://dx.plos.org/10.1371/journal.pone.0214057
    30 min
  • Os ollos vagos necesitan mirar ao ceo
    José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo...
    17 min
  • As ondas gravitacionais fixeron posible a evolución humana
    Durante todo un século foron un resultado teórico das ecuacións de Einstein, pero desde 2016 sabemos que as ondas gravitacionais son unha realidade física. Para Bernard F. Schutz, director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, sen a existencia destas ondas gravitacionais non sería posible a vida na terra.
    7 min
  • O ángulo máxico da revolución "viratrónica" con Pablo Jarillo Herrero [Versión estendida]
    [Versión podcast estendida]
    Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular.
    O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illante e logo convertese en supercondutor. Acaba de nacer a “viratrónica” (twistronic). E mesmo hai expertos que lle din que este achado cheira a Nobel. Debullamos toda esta revolución co seu protagonista, o investigador valenciano Pablo Jarillo.
    27 min
  • "A singularidade dun burato negro é Marie Kondo". A foto de M87 con Javier Mas e José Luis Gómez
    Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé, profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. Tamém contamos con José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC e que formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87.
    43 min
  • Guía do Ceo de Verán 2019
    A nosa tradicional Guía do Ceo radiofónica para non nos perder nada do que pase no ceo nocturno en todo o verán. Con Martin Pawley e Irene Baspino.
    Valaquí o pdf auxiliar da Guía do Ceo https://www.dropbox.com/s/vj75s5x4m8ahpyy/O%20ceo%20deste%20ver%C3%A1n%20EFERVESCIENCIA%202019.pdf?dl=0
    18 min
  • Efer 485 (6-7-19): O reto de ensinar matemáticas
    (1:44) A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia
    (20:10) Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA.
    (31:47) Previa da Maker Faire Galicia con Iolanda Iglesias.
    (39:27) Guía do Ceo de Verán con @pauley e Irene Baspiño
    56 min
  • Efer 484 (29-6-19): Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama?
    1. Premios Isabel Zendal (0:14)
    2. Plásticos en Ciencia para Andar por casa con Bibiana García Visos (3:21)
    3. Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monserrat Rúe (IRBLLeida). http://dx.plos.org/10.1371/journal.pone.0214057 (11:50).
    4. Previsa do Festival Divulgacción e Noite Efervescente con Dosi Veiga (41:38)
    5. Stop artrose en Precipita con Ana Alonso do IDIS no grupo de Patoloxías Musculoesqueléticas (47:11)
    1 hr

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.