Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 510 (11-3-20): Luces longas contra o coranavirus: Adolfo García Sastre e Luis Enjuanes [Versión estendida]
    Sen a ciencia producida nas dúas útimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) (5:41) e Luis Enjuanes (laboratorio de coronavirus CNB-CSIC) (38:14).
    Con Gema Revuelta (directora do Centro de Estudios de Ciencia, Comunicación e Sociedade da UPF) analizamos como esta a ser a comunicación da crise do coronavirus. (30:01)
    Tamén facemos unha comparanza entre a crise do coronavirus e a gripe de 1918 (0:22)
    1 hr 2 min
  • Efer 509 (4-3-20): Ciencia e diversidade sexual
    1. Que dia a ciencia da diversidade sexual? Existen sesgos no estudo da naturez? Hai discriminación na comunidade científica das persoas LGTBIQ+? Conversamos con Javier Armentia @javierarmentia @PRISMAciencia @EEEPCompostela (2:55)
    2. A RAGC anuncia a convocatorio dos Premios á Transferencia. Con Fernando Pérez (27:38)
    3. O filósofo da ciencia Mario Bunge visto a ollos de Avelino Muleiro (34:41)
    58 min
  • Efer 508 (26-2-20): Os nenos da varíola chegan ao teatro
    1. Recibimos a "Pérez & Fernández", Victoria e Manuel, antes da estrea no Salón Teatro de Compostela da adaptación na novela de María Solar "Os nenos da varíola" en coprodución co CDG. (2:30).
    2. O académico Pedro Merino preséntanos a fascinante vida do enxeñeiro Comerma, homenaxeado no Día da Ciencia 2020 da Real Academia Galega de Ciencias. (18:11)
    3. Na Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Pawley sabemos das diferentes vidas das estrelas ao fío de Betelgeuse. (35:32)
    57 min
  • Efer 506 (12-2-20): Un 11-F coas enxeñeiras do CITEEC [versión estendida]
    Visitamos a Agrupación Estratéxica do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) da Universidade de A Coruña durante a xornada do 11 de febreiro, Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia.
    Realizamos un percorrido sonoro polas instalacións do CITEEC, coñecemos que é a enxeñería civil e debatemos en torno ao papel da mulleres científicas e tecnólogas. Coa participación de Gemma Rojo, Sindy Seara, Isabel Martínez Laje, Amal Nnechachi, Pilar de la Cruz, Margarita Martínez Díaz, Delia Regueira, Natalia Pérez Barge, Fernando Varela Puga, Noelia Veiga, Candela Fernández e Eva Suárez.
    1 hr
  • Efer 505 (5-2-20): Galaicos, un pobo entre dous mundos
    1. Galaicos, un pobo entre dous mundos (2:45)
    Como eran os pobos que viviron no que agora é Galicia desde o ano 1500 antes da nosa era ata chegada dos romanos? Como eran os habitantes da que logo se chamaría Gallaecia que se atopou Décimo Xunio Bruto no ano 137 antes de cristo cando atravesou o río do esquecemento, o río Limia posiblemente?
    Ata hai non moito os expertos coidaban que os habitantes do noroeste peninsular eran pobos pouco desenvolvidos, por dicilo finamente, e illados uns de outros. A historiográfica clásica chamábaos cunha denominación xenérica, os celtas. Pero esta imaxe é moi grosa, ten pouco detalle e non concorda coa información arqueolóxica que se ven acumulando nas ultimas décadas.
    Levamos o noso laboratorio sonoro ao edificio VI do Museo de Pontevedra para coñecer a ciencia que hai atrás da exposición temporal “Galaicos, un pobo entre os dous mundos”. Compartimos micro con José Manuel Rey (director do Museo de Pontevedra), Luisa Castro (coordiandora da exposición) e Xurxo Ayán (arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa).
    2. Na cerna do movemento maker con @paolaguimerans [Muller e Ciencia] (40:35)
    58 min
  • Efer 504 (29-1-20): Monográfico aire limpo [versión estendida]
    Versión estendida do monográfico sobre a calidade do aire ao fío do proxecto europeo @trafairproject.
    Conversamos con José Ramón Ríos Viqueira (CITIUS, USC) e Jose Antonio Souto (Escola Técnica Superior de Enxeñería USC – CRETUS). Contamos tamén con declaracións de Mª Jesús Cruz Carmona, xefa do grupo de investigación de enfermidades respiratorias no Instituto Vall D’Hebron e coordinadora do programa de asma do @CIBERES, Xosé Manuel Tato Camino da Dirección Xeral da Área de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Faustino Gómez de @composcleta, e Manuel Miramontes @manolomira dos Museos Científicos Coruñeses.
    1 hr 4 min
  • Efer 495 (27-11-19): Diálogos de plástico con Touriñán e Gago
    Se xuntamos ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán xunto co investigador do Instituto Español de Oceanografía Jesús Gago a falar sobre os plásticos so pode pasar que o pasemos ben e aprendamos unha chea de cousas. Isto aconteceu na sede da Fundación en Santiago por iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia. E polo medio estivemos os de Efervesciencia.
    Tamén coñecemos os casos de transferencia de coñecemento desde os centros de investigación ao mundo da empresa que veñen de gañar os premios á Transferencia da Real Academia Galega de Ciencias. Conversamos con Ana Belén Moldes (EQ10, USC), Maite Flores (Photonics4life, USC) e Antón Vázquez (Alén Space)
    57 min
  • Efer 503 (22-1-20): Curandeiros. Cloro. Ceo
    1. Os non moi lonxanos tempos do cólera en Galicia e a cloración da auga con @Moises_Canle
    2. A loita contra as pseudoterapias chega aos xulgados con @FernandoCervera @apetp_
    3. Gañadores do premio @CeosGalegos 2019 de astrofotografía
    57 min
  • Efer 502 (15-1-20): O teu cerebro non son (só) neuronas
    1. Onde están as exolúas? Exocometas con Isabel Rebollido @Yollevoreloj [Baixo cúpula] (2:30)
    2. As descoñecidas células de glía do teu sistema nervioso con Fernando de Castro @FdeCastroS (13:23)
    3. A proba da Crew Dragon e outras novidades aerotrastornadas con @wicho (33:16)
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.