Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 441 (3-6-18): O prion e o cepillo de dentes de Mr. Prusiner
    Infiltrámonos no congreso mundial Prion 20018. Un dos puntos quentes do encontro foi a discusión sobre se as doenzas neurodexenerativas como o alzhéimer ou párkinson se deben denominar como enfermidades priónicas. Para o nobel Stanley Prusiner é claro, pero a comunidade científica está dividida.
    Da man de Jesús Requena, investigador do CIMUS da USC e líder do grupo de prions, coñecemos os últimos achados entorno a estas proteínas malformadas infecciosas. Contamos con declaracións de Juan José Badiola (Presidente do Consello Xeral de Colexios Veterinarios), Raquel Sánchez del Valle (Unidade de alzhéimer e trastornos cognitivos do Hospital Clínico de Barcelona), Joaquín Castilla (CIC bioGUNE), Juan Mª Torres (INIA) e o nobel Stanley Prusiner.
    Coñecemos a spn-off Ancora da Universidade de Vigo e programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
    57 min
  • Novas vacinas con Mariano Esteban
    "Temos vacinas contra virus emerxentes que funcionan, pero temos problemas de financiamento das fases clínicas"
    Mariano Esteban
    Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-CSIC) onde lidera o grupo de "poxvirus e vacinas" e presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España.
    29 min
  • Efer 440 (27-5-18): Superbacterias e virus emerxentes: verlle as orellas ao lobo
    Como sociedade semella que non lle queremos ver as orellas ao lobo das superbacterias e os virus emerxentes.
    Nesta edición efervescente o noso microbiólogo de cabeceira alértanos da barra libre de uso de antibióticos como a colistina en India e como acaba afectando á saúde global.
    Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-CSIC) onde lidera o grupo de "poxvirus e vacinas" e presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España.
    45 min
  • Todo o que queremos saber sobre a xenética estará en Catoira
    Catoira acollerá un curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo sobre xenética cos mellores especialistas do país. Unha oportunidade única aberta a público non especialista que nos presenta o catedrático de xenética Armando Caballero.
    https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/achegas-beneficios-xenetica-humanidade-incorporanse-oferta-cursos-extension-universitaria
    4 min
  • Efer 439 (20-5-17): 36 anos de cultura desde a aldea de O Couto
    Na aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia.
    Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns. Falamos con José Viñas, profesor do IES David Buján, de ciencia cidadá. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárz das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, e con Tamara da Fundación Eduardo Pondal. Tamén contamos con David Ballesteros e o noso estreleiro Martin Pawley.
    58 min
  • Efer 438 (13-5-18): Especial Galiciencia
    Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia a Tecnópole (San Cibrán da Viñas) para coñecer de primeira man a edición número 13 da Feira Científica Galiciencia. Aproveitamos para conversar co investigador da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel, especialista en impacto do Cambio Climático e física atmosférica.
    Contamos ademais con Sabela Bouzo, Antonio Gregorio, Ana Otero, Tino Álvarez, David Ballesteros, Iria Ollero e Kike Fontán.
    Por outra banda o noso correspondente en Londres, Juan Picos, achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.
    57 min
  • Desde Londres... Unha 'Science Week' con acento galego
    A Semana da Ciencia é un evento global que se desenvolve en diferentes datas segundo o pais. O noso correspondente en Londres Juan Picos achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.
    5 min
  • Efer 437 (6-5-18): Unha tarde no laboratorio de antropoloxía física con Olalla López Costas
    Pasamos unha tarde entre ósos e historias coa antropóloga física Olalla López Costas no seu laboratorio. Olalla é investigadora do grupo “Ciencia do Sistema Terra” da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en paleodieta. Polas súas mans teñen pasado ósos dos principais xacementos galegos entre eles ós da Lanzada ou do Ghidoiro Areoso. Contamos co testemuño de Rafael Rodríguez e Patricia Mañana respectivos directores das escavacións nestes xacementos. O traballo de Olalla serviu para identificar unha mandíbula atopada no Ghidoiro como o primeiro resto humano que se conserva en Galicia da Idade de Ferro.
    O mito da peleodieta en nutrición, o descoñecido millo miúdo, os ósos radioactivos de a Lanzada, a práctica da antropoloxía física, as historias da xente común que contan os ósos, os isótopos que delatan a fonte de auga que bebes ou a túa dieta, o enigma das vikingas contaminadas por metais,... Esta tarde no laboratorio deu para moito.
    57 min
  • Protexer ao doente das pseudoterapias con Elena Campos @ElenaC_S
    "Retirouse o Dalsy do mercado por un erro no folleto e pola contra os remedios homeopáticos inzan de publicidade enganosa as farmacias" Elena Campos
    Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado.
    Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S presidenta de a "Asociación para protejer al enfermo de terapias pseudocientíficas".
    28 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.