Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • O segredo do sulfuro de hidróxeno [Rede Galega de Biomateriais 2]
    O sulfuro de hidróxeno é un veleno moi potente, pero pola contra aparece en moi pequena proporción nas augas dos balnearios galegos empregadas no tratamento das doenzas reumáticas. No Grupo de Bioenxeñería Tisular e Terapia Celular do Inhibic están a estudar os mecanismos polos que o sulfuro de hidróxeno é beneficioso para as doenzas reumáticas. A idea é desenvolver na Rede Galega de Biomateriais substancias reabsorbibles para administrar este principio activo. Nolo conta a investigadora de postdoutoramento Elena Fernández Burguera.
    4 min
  • As mates salvan a democracia con Anxo Sánchez
    O catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III explícanos como as matemáticas poden salvar a democracia. Quen divide os distritos electorais en Estados Unidos ten o poder de alterar os resultados. Agora as matemáticas poden detectar o gerrymandering.
    10 min
  • Efer 424 (4-2-18): Biodiversidade, escaravellos e cambio climático con BIBICI-USC
    Visitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Invertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distribución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático.
    O catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III explícanos como as matemáticas poden salvar a democracia. Quen divide os distritos electorais en Estados Unidos ten o poder de alterar os resultados. Agora as matemáticas poden detectar o "gerrymandering".
    Inauguramos sección de dedicada á Muller na Ciencia da man de Joana Magalhães falando da celebración do "11 de febreiro" con Gloria Brea.
    56 min
  • Efer 445 (1-7-18): A informática en Galicia xa ten historia
    Pilar Vila é forense informática. Henrique Neira doutor en comunicación en xornalismo, e autor do libro "Historia da informática en Galicia. Unha cronoloxía". Con eles conversamos sobre a evolución da informática na nosa terra.
    Na “Guía do Ceo” de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018.
    Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guía sonora ofrecémosche este documento en formato pdf con explicacións paso a paso.
    https://issuu.com/efervesciencia/docs/gu_a_do_ceo_ver_n_18
    Un imprescindible na túa equipaxe de vacacións.
    Tamén incluímos a solución e explicación das pistas que conducían ao lugar secreto onde José Edelstein e Deborah García Bello presentaron os seus respectivos libro en Efervesciencia.
    Juan Picos desde Londres contanos a longa historia evolutiva da lepra.
    46 min
  • 5 imprescindibles do ceo deste verán
    Na “Guía do Ceo” [versión íntegra] de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018.
    Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guía sonora ofrecémosche este documento en formato pdf con explicacións paso a paso.
    https://issuu.com/efervesciencia/docs/gu_a_do_ceo_ver_n_18
    Un imprescindible na túa equipaxe de vacacións.
    15 min
  • Efer 444 (24-6-18): Vitaminas e perplexos, ou @deborahciencia vs @joseedelstein
    Deborah García Bello e José Edelstein presentan en Efervesciencia os seus respectivos libros ¡Que se le van las vitaminas! (Paidós) e "Eintein para perplejos" (Debate) desde un lugar segredo. Neste sitio escoitamos a Carmen Jorge interpretar ao violín unha das obras favoritas de Einstein, a sonata K 378 de Mozart. Aquí tamén se expuxo unha obra dun autor que Deborah ten na súa casa.
    Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar de "Einstein para perplejos". Ou se coñeces o nome do artista misteriosos optarás a gañar un libro de "¡Que se le van la vitaminas!. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloEdelstein ou #UlaDeborah ou cólgaa no noso facebook ata o 29 de xullo de 2018.
    59 min
  • Efer 443 (17-7-18): Pecios, da Vinci e ácaros
    Mohamod Traore é un investigador de doutoramento da USC no Grupo Ciencia do Sistema Terra. Aínda que é orixinal de Mali, un país africano sen costa, Traore especializouse en estudar a química da madeira de barcos afundidos. Pecios como o Galeón de Ribadeo - probablemente o Santiago de Galicia - que esta a ser obxecto dunha campaña de prospección dirixida por lo arqueólogo subacuático Miguel San Clodio.
    A poeira das nosas casas non está formada por células mortas da pel. Nolo conta Bibiana García Visós en "Ciencia para andar por casa"
    Joana Magalhaes lévanos ao FEMmeeting en Portugal. Conversamos coa artista especializada en bioloxía Marta de Menezes.
    Fran Núñez de Limiar Teatro preséntanos a xira de "Eu tamén son Leonardo da Vinci"
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.