Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 455 (5-12-18): Enredados na orixe da teoría de cordas
    Nunha viaxe de Haifa a Venecia en barco en 1968 o físico Gabriele Veneziano elaborou un artigo científico para explicar o comportamento dos mesóns á revista Nuovo Cimento. Nese momento Veneziano non era consciente de que estaba abrindo á porta a fascinante "Teoría de Cordas".
    Veneziano visitou Compostela invitado polo profesor da USC e divulgador José Edelstein. Coa axuda do mesmo Edelstein repasamos estes 50 anos de Teoría de Cordas vistos por Veneziano.
    Conversamos coa química da Universidade de Zurich Cristina Nevado tras a súa participación na homenaxe ao profesor Luis Castedo polo seu 80 aniversario.
    O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos a historia dunha parella de cigoñas lalinenses que veñen de ser desafiuzadas.
    1 hr
  • Efer 454 (28-11-18): Monte Neme, wolframio e patrimonio
    Acompáñanos á nosa incursión nunha mina abandonada de wolframio ao pe do Monte Neme.
    Invitados pola Plataforma en Defensa do Monte Neme conversamos sobre xeoloxía, wolframio, patrimonio e memoria ao redor do mítico cumio. Contamos co mineiro Dario Barreiro, Adrián Eirís (Plataforma Monte Neme), José Manuel Menéndez (Senda Nova), Juan Ramón Vidal Romaní (profesor emérito UDC, xeólogo), Víctor Barrientos (xeólogo, UDC) e José Mª de la Viña (profesor xubilado de Física e Química).
    58 min
  • Efer 451 (7-11-18): Neutrinos poéticos e ataxia da Costa da Morte
    Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física.
    Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas.
    O xornalista Manuel Rey de Gciencia preséntanos o libro "El mal sin cura de la Costa da Morte: SCA36", acompañado da neuróloga e xenetista María Jesús Sobrido.
    58 min
  • A partícula mais humilde agocha o segredo do universo con Juan José Gómez Cadenas
    Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física.
    Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas:
    - Anacos diminutos de realidade
    - Lixo das reaccións nucleares
    - O máis próximo á nada
    - O misterio da santísima trinidade dos neutrinos
    - Lotería do imposible
    - Axente dobre
    - Fenda pola que entra a luz
    30 min
  • Efer 450 (31-10-18): Arqueoloxía da emoción na terra de María Castaña
    Neste programa monográfico os protagonistas han ser un soñador e a morte.
    O soñador é o arqueólogo, e amigo, Xurxo Ayán que logo de andar a escavar e a investigar por Galicia e polo mundo adiante regresa á súa a súa Cereixa natal, na Pobra de Brollón para catalizar un proxecto de arqueoloxía pública.
    Os mortos son unha pequena e humilde comunidade labrega de hai uns oitocentos anos que repousa nun camposanto ao pe dunha ermida derruída edificada sobre o que era un castro mineiro romano que nos remonta case outros mil anos pra atrás.
    O caso é que estes defuntos son tamén veciños de Cereixa e as súas tumbas foron descubertas no marco do proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo que dirixe Xurxo Ayán.
    Estamos a 30 de agosto de 2018 e logo de dous meses de traballo arreo está a piques de rematar a cuarta campaña de escavación no Castro de San Lourenzo promovida pola a asociación de veciños María Castaña. Hoxe vanse abrir varias tumbas que semella que conservan restos óseos, algo nada común nos chan ácidos galegos. Alí estivemos os de Efervesciencia co noso micro en ristre vivindo toda a xornada con arqueólogos e veciños. A euforia da mañá, a distensión da comida e calma e reflexión da tarde. Acomódate, pon os cascos se os tes a man, porque ímonos inserirnos sonora mente na arqueoloxía da emoción .
    57 min
  • Efer 449 (24-10-18): Gaia e Marte no Astrogalicia 2018
    En Efervesciencia estamos mais viaxeiros que nunca. Esta noite habemos de dedicar un programa monográfico ao Astrogalicia 2018, a festa galega das estrelas que tivo lugar en Castrelo de Miño, Ourense. Un delicioso especial con Francesca Figueras de @ESAGaia e presidenta da @SEA_astronomia, @JorgePlaGarcia de @C_Astrobiologia, Paco Bellido @ElbesoenlaLuna e @pawley
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.