Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • As neurocientíficas "guerrilleiras" de Columbia NY [Versión estendida]
    Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.
    44 min
  • As neurocientíficas "guerrilleiras" de Columbia NY [Versión estendida]
    Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.
    44 min
  • Efer 459 (2-1-19): Seguridade e iluminación, e o mellor do ano [parte 2]
    Segunda parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi.
    Tamén conversamos baixo a cúpula da Casa das Ciencias coa avogada Anna Almécija: máis iluminación pública é maior seguridade?
    58 min
  • Efer 458 (26-12-18): Efectividade de paracaidas con grupo control e o mellor do ano [Parte 1 ]
    Primeira parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi.
    Coñecemos a valoración de Manuel Collado (stemCHUS) do achado do ano segundo a revista Science das técnicas de seguimento célula a célula na bioloxía do desenvolvemento.
    Tamén damos conta do primeiro estudo con grupo control da eficacia dos paracaídas ao saltar desde un avión.
    57 min
  • Efer 457 (19-12-18): Especial industria dos drons en Galicia
    En Galicia se está a artellar toda unha industria ao redor dos drons con epicentro no aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo). Os vehículos áreos non tripulados (UAV polas súas iniciais en inglés) poden axudar a solucionar cuestións estratéxicas para Galicia, desde a ordenación do territorio ou a xestión forestal ata o rescate na mar.
    Neste programa monográfico contaremos con todos os actores que participan no programa "Civil UAVs Iniciative" promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
    Contamos con Patricia Argerey (directora do GAIN), Inés Santé e David Miranda (Laboratorio do Territorio, USC), Luis Pérez Freire (director de Gradiant), Alejandro Lamas (Sixtema) e Ramón Martínez (InSitu).
    Fernando Aguado, coordinador da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, adiántanos a unha semana vista como vai ser o lanzamento do satélite galego LUME 1.
    57 min
  • Efer 456 (12-12-19): Gripe do 1918 e o cambio de hora
    Conversamos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruíu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. O especialista en historia da Ciencia Xose A. Fraga cóntanos como se viviu a gripe "española" en Galicia. (A versión estendida desta entrevista esta nestoutro podcast https://www.ivoox.com/30747981)
    É racional o cambio de hora estacional en Europa? Este é nome dunha xornada de debate organizada polo Consello da Cultura Galega. Falamos cos seus tres relatores: Jorge Mira (USC), Rui Jorge Agostinho (director do Observatório Astronómico de Lisboa, redactor do informe sobre o cambio estacional de hora para o goberno de Portugal) e José María Martín Olalla (profesor da Facultade de Física da Universidade de Sevilla).
    1 hr
  • Efer 452 (14-11-18): Liquidos iónicos e outras innovacións
    Na natureza non existen sales que estean líquidos á temperatura ambiente. No laboratorio, pola contra, é posible preparar líquidos iónicos que están chamados a ter múltiples aplicacións, entre eles a fabricación de baterías máis eficientes para a nova mobilidade eléctrica. Conversamos con Luis Miguel Varela, catedrático de física da USC, responsable da Rede Galega de Líquidos Iónicos.
    Coñecemos as Plataformas de Innovación Dixital da man de Patricia Argerey (directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN) e Mayte Carracedo (Funding Box).
    Pedro Arias (fundador de Ingenieria Insitu, Grupo de investigacion en Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo), Francisco Rivadulla (CIQUS-USC) e Gumersindo Feijoo (Pescaenverde, USC) explícannos cales os seus proxectos que veñen de ser galardoados cos Premios á Transferencia Tecnolóxica da Real Academia Galega de Ciencias.
    58 min
  • Efer 453 (21-11-18): Crossover co Radioscopio nos Primas 18
    Especial premios Prismas 2018 desde a Domus en A Coruña con cruce de micrófonos cos amigos de "El Radioscopio" (Radio Andalucia Información). Eles interferiron a nosa emisión e nós a súa (ademais en directo). Podes escoitar o resultado desde o outro lado no podcast de "El Radioscopio" en https://www.ivoox.com/30204888
    Conversamos cos Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez (Prisma de Radio), Clara Grima (Premio Especial do Xurado), Nuno Domínguez (Prisma artigo xornalístico), Carlos Sierra (Prisma traballo audiovisual) e Susana Hernández (mención web), MIchelle Catanzaro e Martin Pawley (xurado); e Marcos Pérez (Director dos Museos Científicos Coruñeses).
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.