Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Comes ben? con @gominolasdpetro
    Conversamos co tecnólogo dos alimentos e divulgador Miguel Ángel Lureña autor do blog "Gominolas de Petróleo" aproveitando o seu paso por Escépticos no Pub - Compostela.
    22 min
  • Thomas Bayes no Biostatnet [Entrevistas no alén]
    A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España.
    Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet.
    Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron acto de presenza o mesmísimo Carl Gaus e Thomas Balles a quen temos o gusto de ter en Efervesciencia para protagonizar unha nova “Entrevista no alén”
    19 min
  • Efer 463 (30-1-19): A regra esquecida da estatística faise maior
    A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España.
    Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet.
    Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron acto de presenza o mesmísimo Carl Gaus e Thomas Balles a quen temos o gusto de ter en Efervesciencia para protagonizar unha nova “Entrevista no alén”
    Conversamos con tecnólogo dos alimentos e divulgador Miguel Ángel Lureña autor do blog "Gominolas de Petróleo" aproveitando o seu paso por Escéptics no Pub - Compostela.
    A matemática da USC Elena Vázquez Abal preséntanos o xogo de estratexia e coñecemento MatHex.
    57 min
  • Ignicia, desde a proba de concepto ao mercado
    O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN.
    12 min
  • O @11defebreroES chega a 5000 escolares [Diario Cultural]
    A terceira edición do "Día Internacional da muller a nena na ciencia" vai chegar a case 5000 nenas e nenos en Galicia. María Saínza, Pilar Rial e Uxía Tenreiro traballan no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía e participan nas charlas do "11defebreiro" en colexios e institutos. Tamén interveñen Ana Morillas do proxecto @Oceanicas_IEO e Gloria Bra da organización do "11defebreiro"
    9 min
  • Efer 462 (23-1-19): O xenetista de Oxford que empezou pola navallas galegas
    Juan Fernández Tajes estuda a xenética humana de doenzas como a diabetes no Wellcome Trust Centre da Universidade de Oxford. Pero nos seu inicios no mundo da investigación empezou estudando as navallas galegas, que estaban mal catalogadas. Con esta entrevista, o noso correspondente temporal en Londres Juan Picos despide a súa sección.
    Para que un novo fármaco chegue aos pacientes ten que ser efectivo e seguro, pero tamén compre que estea protexido e viable a súa produción. Todo isto o tiveron en conta no departamento de tecnoloxía farmacéutica da USC para produción dun fármaco contra a metástase do cancro de colon. O equipo de Alejandro Sánchez Barreiro gañou o premio 2018 de investigación da Real Academia de Ciencias por este traballo.
    O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN.
    Un pigmento azul mais valioso que o ouro é a peza clave no misterio do monxa do dente azul. Nolo conta a nosa Deborah Garcia Bello.
    57 min
  • Efer 461 (16-1-19): Gala Ceos Galegos desde Castrelo de Miño
    Levamos os nosos micros á primeira Gala Ceos Galegos de astrofotografía en Castrelo de Miño. Ali coñecemos aos gañadores das diferentes modalidades do concurso: Fins Eirexas, Ángel Arós, Uxía Vales e Miguel Sánchez.
    Cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley saberemos das efemérides históricas que habemos celebrar en 2019.
    As tarxetas gráficas tamén serven para facer ciencia. Adrián Pérez da UDC vén de gañar o premio de investigadores menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.
    57 min
  • Efer 460 (9-1-19): Doenzas neurodexenerativas, Ultima Thule e a eclipse de de lúa.
    Presentámosvos a primeira "Guía do Ceo" do ano con Irene Baspino e Martin Pawley na que falamos dos eventos astronómicos previstos para 2019, comezando pola eclipse de lua do 21 de xaneiro.
    Wicho lévanos á cara oculta da lúa e a Ultima Thule.
    Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.