Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Resolve este problema estatístico e gaña un libro
    Deixámosvos este pequeno enredo estatístico.
    Se sabes a resposta escríbenola ó noso correo [email protected]. O primeiro oínte que acerte antes do 24 de novembro de 2017 ha levar un libro de divulgación científica. Igualmente teremos un agasallo para aquela rapaza ou rapaz que participe no proxecto Stat Wars do grupo de bioestatística da USC e sexa o primeiro en dar a solución correcta. Que a estatística vos acompañe!
    4 min
  • Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?
    Para o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.
    A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.
    Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane -Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética.
    Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.
    58 min
  • Infiltrados no "Road to the stars"
    Asistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC.
    Conversamos con César González (INCIPIT), Marco García Quintela (USC), Ana Ulla (Universidade de Vigo), Julio Navarro (University of Victoria-Canada), Cecilia dal Zovo (Incipit) e o luthier Giuseppe Severini.
    Conversamos sobre materia escura e simulacións do universo, g-astronomía, o ceo que cae na cabeza dos galos ou o organistrum do Pórtico da Gloria como respresentación da cosmoloxía da Idade Media.
    32 min
  • No SciCom PT 2017 en Coimbra
    Asistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciCon) e Carlota Simoes (directora do Meseu da Ciencia da Universidade de Coimbra).
    Matteo Merzagora dirixe o Parque das Ciencias Pierre-Gilles de Gennes–ESPCI en París. Alí desenvolven un novidoso modelo de participación do público na preparación de exposicións.
    15 min
  • Buratos negros con Jorge Zanelli e José Edelstein
    O físico chileno Jorte Zanelli describiu en 1992, xunto con Banados e Teitelboim, os buratos negros en 2+1 dimensións chamados BTZ. Nos nosos microfónos Zanelli denominou a este achado como "buratos negros de xoguete para facer cálculos matemáticos". Conversamos con Zanelli da man de José Edelstein e permitímonos mesmo unha pequena "viaxe ao futuro"...
    23 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.