Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 409 (22-10-17): O Wi-Fi sae dun burato negro
    Sabías que grazas á investigación en buratos negros podemos dispor actualmente da tecnoloxía Wi-Fi? Conversamos sobe buratos negros, materia escura e noble ás ondas gravitaciónais cos físicos José Edelstein (USC) e Jorge Zanelli (CECs en CHile).
    Asistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciCon) e Carlota Simoes (directora do Meseu da Ciencia da Universidade de Coimbra).
    Matteo Merzagora dirixe o Parque das Ciencias ?Pierre-Gilles? ?de? ?Gennes? ?–? ?ESPCI? en París. Alí desenvolven un novidoso modelo de participación do público na preparación de exposicións.
    Coñecemos a química do pan con Moléculas en Galego.
    46 min
  • Efer 408 (15-10-17): Gala de 10 anos 'Férveche a mente' (2ª parte)
    Con música, humor, ciencia e moitos amigos e invitados celebramos os 10 anos de Efervesciencia en antena coa Gala "Férveche a mente" no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 30-9-17.
    Nesta segunda parte acompañáronnos Manuel Riveiro (Piano), Pepé Ferreirós (Gaita Irlandesa), Ilduara Vicente (Violín), César Goldi, Javier Balea, Tatiana Díaz, Marisa Castiñeiras, Marta Vila, Deborah García Bello, Ángel Carracedo, José Edelstein, María Martinón, Bibiana García Visos e David Ballesteros.
    1 hr
  • Canción dos 118 elementos en galego
    Velaquí, por primeira vez en galego e cos 118 elementos actuais, a Canción dos Elementos interpretada ao vivo no Teatro Principal de Santiago por César Goldi (voz) e Manuel Riveiro Piano na Gala "Férveche a mente" o 30-9-17.
    Hai moitas versións da "The Element Song" de Tomas Lehrer. A orixinal só contaba con 102 elementos. En español destaca a de Nacha Guevara. So coñecemos unha versión actualizada aos 118 elementos actuais aprobados pola IUPAC o 28 de novembro de 2016, a de Helen Arney.
    Bea Fariñas fíxonos os seguintes apuntamentos a ter en conta:
    - Os gases nobres con sufixo -on (neon, argon, cripton, xenon, radon e oganesson) en galego teñen acentuación grave, isto é, non se acentúan graficamente por ser graves rematadas en -n e pronúncianse /néon/, /árgon/, /crípton/ etc.
    - roentgenio e seaborgio pronúncianse coma g suave, como se se escribisen "roentguenio" e "seaborguio" (non se escriben así para respectar o antropónimo orixinario).
    - O elemento de n. at. 117 en galego é ténesso
    Para o nome en galego dos elementos botamos man desta táboa da RSEQ confeccionada polo grupo "CienciaNosa"
    https://2.bp.blogspot.com/-yP1cZ0C7hYg/WMgK1bEkyqI/AAAAAAAABH4/3PORkia9i581ieCm5KF5x1g065M7kbrsQCLcB/s1600/tabla%2Bperiodica%2Ben%2Bgalego%2B2017.png
    4 min
  • Efer 407 (8-10-17): Gala de 10 anos "Férveche a mente" (1ª parte)
    Con música, humor, ciencia e moitos amigos e invitados celebramos os 10 anos de Efervesciencia en antena coa Gala "Férveche a mente" no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 30-9-17.
    Acompañáronnos Manuel Riveiro (Piano), Pepé Ferreirós (Gaita Irlandesa), Ilduara Vicente (Violín), César Goldi, Luisa Pena, Rosa Pedrido, José Ignacio Fernández Vera, Rosa Crujeiras, Salvador Naya, Borja Tosar, Fernando Aguado, Minia Manteiga, Wicho, Emilio Castro, Francisco Novoa, Ana Ulla, Irene Baspino, Martin Pawley, Mar Capeáns e Débora Iglesias.
    1 hr
  • Efer 406 (1-10-17): Estamos nunha nube
    Visitamos o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes en Sarria na Granxa Escola Barreiros. Desde a biblioteca do IES Alenxandre Bóveda de Vigo estreamos "Cambio de fase" sección de ciencia e banda deseñada con Daniel Pizarro.
    Con "Moléculas en Galego" imos recoller cogomelos.
    O catedrático de física da USC leva 20 anos traballando no Observatorio Pierre Augir. 400 investigadores deste proxecto internacional de detección dos raios cósmicos máis enerxéticos do universo veñen de publicar en Science que estes se orixinan fóra da nosa galaxia.
    56 min
  • Efer 405 (24-9-17): Operación Guidoiro Areoso
    Nesta hora de radio imos coller pico e pala porque vos invitamos a que nos acompañedes de escavación arqueolóxica. Poñede protector solar, agarrade ben o chapeu pra evitar que saia voando co vento e preparádevos para mollar os pes. O punto de partida é o porto da Ribeira de Chazo na Illa de Arousa onde habemos coller un barco-taxi. Logo de navegar un par de millas con rumbo suroeste desembarcaremos na praia dun pequeno illote deshabitado de apenas 600 m de longo de norte a sur. Tras percorrer apenas 200 m descubriremos un pequeno equipo de arqueólogos traballando arreo nunha mámoa. Eles han de ser o noso contacto.
    A súa presenza no pequeno illote non é casual. Debaixo das dunas hai un territorio prehistórico case intacto ata o de agora pero que corre perigo de desaparecer por unha acelerada erosión litoral. Quen rematara antes os arqueólogos ou os elementos?
    Os micros de Efervesciencia hannos levar o penúltimo dia da campaña de escavación 2017 no Ghuidoiro areoso, que promove a Xunta de Galicia.
    O ecólogo Nacho Munilla explícanos porque un niño de gabita atrasou os plans dos arqueólogos.
    "Moléculas en Galego" explica a orixe das cores outounais.
    Eva Rodríguez de SINC conversa co investigador Ramiro Rodríguez Tato que vén de descubrir dous novos crustáceos bentónicos na costa galega.
    57 min
  • Guía para non perderse os ceos deste verán
    Na Noite Efervescente os nosos estreleiros deixáronnos consellos e suxestión para gozar dos ceos neste verán 2017.
    Aquí tes o pdf da Guía do Ceo de Verán que elaboraron Martin Pawley e Irene Baspino
    https://www.slideshare.net/agrupacionio/o-ceo-deste-vern
    Foto da carátula: Óscar Blanco
    15 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.