Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • As mimosas invaden novos territorios [SINC]
    As mimosas son unha das especies invasoras máis agresivas de todo o mundo.Un estudio das universidades de Vigo e Coimbra vén de detectar a súa propagación en zonas ata o de agora inalteradas. Eva Rodriguez conversa con Jonatan Rodríguez do departamento de bioloxía vexetal da universidade de Vigo.
    10 min
  • No laboratorio de David Posada
    Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos nosos tecidos? Explorar esta poderosa idea é o obxectivo do proxecto "Filocáncer" financiado cunha "Consolidator grant" do European Research Counci (ERC).
    Así visitamos cos nosos micros o laboratorio "Filoxenómica" no CIMBIO da Universidade de Vigo dirixido polo catedrático de xenética David Posada. Conversamos de vagar co primeiro investigador galego que obtivo dous proxectos de investigación de vangarda do ERC: desde como un espazo condiciona o traballo das persoas ata que implica que animais grandes como os elefantes nos sufran de cancro.
    31 min
  • Efer 401 (11-6-17): Competencia darwininana dentro do teu corpo

    Estreamos sección coa primeira entrega de "Moléculas en galego" de Javier Balea en Efervesciencia. Empezamos coñecendo o dióxido de carbono.
    Francisco Díaz Fierros preséntanos as tres últimas publicacións da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega: "Textos científicos en galego. Os inicios, 196-1936", "Os comezos da química moderna en Galicia e a súa proxección no século XIX" e "Sobre a teoría da relatividade especial e xeral" de Einstein.
    As mimosas son unha invasora que en Galicia está chegando a hábitats ata o da agora inalterados. Eva Rodríguez de SINC conversa co investigador Jonatan Rodríguez do departamento de bioloxía vexetal da universidade de Vigo.
    59 min
  • Unha explicación verificable á misteriosa estrella de Tabby
    A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia.
    15 min
  • Predicir, e evitar, os accidentes na estrada con matemáticas
    Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria e da "Real Academia de Ingeniería" dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada.
    7 min
  • As rupturas mal xestionadas afectan á saúde do fillos [SINC]
    Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/
    11 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.