Efervesciencia

Efervesciencia

By EfervescienciaScience
Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Upwards: Todo o que queremos saber de Marte
    Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo.
    30 min
  • Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones
    O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio.
    A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia.
    Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada.
    As bacterias poden detectar minas antipersoa. A idea non é nova, pero os traballos de investigadores israelís veñen de saltar aos medio de comunicación. Nolo analiza o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira.
    59 min
  • Debemos priorizar a seguridade á privacidade dixital?
    Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.
    12 min
  • Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte
    Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo.
    Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/
    Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.
    59 min
  • Fagos e cristalografía con Carmela García
    A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos.
    A nosa invitada tamén é blogger e podcaster en https://ablogios.com/ e https://www.spreaker.com/show/bacteriofagos
    26 min
  • Imaxinación, paixón e traballo: Conversa con Avelino Corma
    O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC (CiQUS). Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel.
    11 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.