Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 660 (8-2-24): Materiais que respiran para arrefriar sen contaminar
    (1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence.
    (8:10) É pouco coñecido que Einstein inventou un modelo de neveira. O principio físico no que se fundamenta é o mesmo que emprega na actualidade o grupo de química de sólidos da UdC para atopar refrixerantes que non contribúan ao efecto invernadoiro. Veñen de descubrir materias que respiran CO₂ e cambian de temperatura. Conversamos con José Manuel Bermúdez, investigador do CICA.
    (38:53) Iolanda Seoane, técnica de investigación e divulgación do INCIPIT-CSIC, cóntanos como celebran o 11F, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
    (42:58) A Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez recolle un estudo que atopou unha relación entre o xene X e a alta prevalencia de doenzas autoinmunes nas mulleres.(1:57) Ruta Ordes a Conciencia de Observer Turismo Científico con Maite Vence.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    55 min
  • Efer 659 (1-2-24): As casas do futuro son de madeira
    (1:45) Bibiana García Visos cóntanos que significa desde o punto de vista da ciencia a expresión "queimar calorías"(11:18) O único material de construción que cando se fabrica secuestra CO₂ é a madeira. Visitamos o CIS-Madeira en Tecnópole onde conversamos coa técnica deste centro Azahara Soilán e con Esther Merlo de Madera Plus.
    (40.40) O virólogo César Muñoz Fontela dedica unha das súas historias de virus ao sarampelo. ^resumo

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • "t´", relato gañador de Inspiraciencia [versión estendida]
    [Versión estendida] Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    29 min
  • Efer 658 (25-1-24): 30.000 anos de ululofilia
    (1:40) Levamos 30.000 anos enfeitizados con bufos e curuxas. Co investigador da Estación Biolóxica de Doñana Juan José Negro recorremos esta historia de fascinación con estas rapinas nocturnas que nos ha levar desde os neandertais, pasando por uns misteriosos gravados en lousas da idade de bronce ata Harry Potter.
    (36:43) Dramatizamos "t´", o relato gañador de INSPIRACIENCIA 13 na categoría de mozos. Conversamos coa súa autora Carla Dopazo e o psiquiatra Alexandre García Caballero.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Códigos secretos nas cantigas de amor [Versión estendida]
    [Versión estendida] Xabier Ron estudou as claves secretas agochadas nas cantigas de amor da nosa lírica medieval galego-portuguesa. O seu traballo está recollido na monografía "A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itineraium ad dominan"

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    23 min
  • Efer 657 (18-01-24): A química das lúas conxeladas
    (3:01) Cristina Salgado quedou terceira na segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun monólogo titulado "Diademas: artigo de moda na neurociencia". Salgado esta a facer o seu doutoramento en neurosicoloxía na USC co proxecto Oncodep. Este estudo é unha intervención con estimulación cerebral non invasiva e adestramento cognitivo para tratar a sintomatoloxía depresiva asociada ao cancro de mama. En [email protected] ou no teléfono 647 34 42 31 pode contactarse con este proxecto para solicitar información.
    (18:18) A química coruñesa Victoria Muñoz do Centro de Astrobioloxía-CSIC simula e estuda os xeos que se atopan en lúas conxeladas como Europa ou Titán. Parte da súa investigación realizouna no JPL da Nasa. As lúas conxeladas do noso sistema solar presentan grandes masas de auga líquida e son as principais candidatas para o achado de vida fora da terra.
    (42:20) Xabier Ron estudou as claves secretas agochadas nas cantigas de amor da nosa lírica medieval galego-portuguesa. O seu traballo está recollido na monografía "A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itineraium ad dominan"
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 656 (11-01-24): Exército de terracota con Marcos Martinón
    (2:34) Javier Pedreira "Wicho" explicamos o fracaso do módulo lunar Peregrine da NASA e os atrasos do programa Artemisa.
    (12:20) Marcos Martinón é catedrático de ciencia arqueolóxica na Universidade de Cambridge. Os seus traballos teñen achegado luz sobre a intrahistoria da construción do exército de Terracota de Xi´an. Agora estuda como civilizacións sen reis, emperadores ou estado teñen desenvolvido tecnoloxías de luxo.
    (48:11) Antonio Cagide gañou a segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun texto que relaciona o dogma central da bioloxía coa bica e uns determinados pelos do corpo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer 655 (30-12-23): Un ano de ciencia, Parte II [Versión estendida]
    Segunda parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 10 min
  • Efer 654 (28-12-23): Un ano de ciencia, Parte I [Versión estendida]
    Primeira parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz Espinosa.
    Para debullar o achado do ano segundo Science, os novos medicamentos contra a obesidade, conversamos co catedrático de fisioloxía da USC e director do grupo de Obesómica Funcional do CIMUS, Carlos Diéguez.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 4 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…