Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche con @xavieraldekoa
    (2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros.
    (11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península.
    (17:19) Darwin comezou sendo coleccionista.
    (18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos que máis da metade das reservas mundiais deste metal están neste país africano. As baterías dos coches eléctricos necesitan quilos deste material para seren eficaces. O xornalista Xavier Aldekoa percorreu os máis dos 4000 quilómetros do río Congo. Froito desta aventura xurdiu o libro "Quijote en el Congo" onde da testemuña da violencia, espolio e escravitude asociada á explotación deste "ouro azul".
    (44:24) Coñecemos o I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro de Bruxelas da man de María José Mariño (GAIN) e Alejando VIlar (Investigal)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Economia ambiental con María Loureiro [versión estendida]
    [Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    47 min
  • Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático?
    (2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas .
    (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.
    (44:30) Susana Ladra preséntanos o fito da computación a exaescala.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Códices e tintas invisibles con Lucía Pereira [Versión estendida]
    [Versión estendida] Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    52 min
  • Misterioso envelenamento por arsénico
    Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    16 min
  • Efer 662 (22-2-24): Arsénico, códices e mensaxes secretas
    (2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.
    (17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Toxoplasma e fraxilidade en anciáns con Blanca Laffon
    A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo seu deseño, o estudo non pode establecer se o toxoplasma causa a fraxilidade.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    15 min
  • Moda e química con Javier Sardina [Versión estendida]
    [Versión estendida] O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...



    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    43 min
  • Efer 661 (15-2-24): A química crea a moda da túa roupa
    (3:26) Maite Vence lévanos de ruta científica pola Fisterra ornitolóxica
    (9:05) O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...
    (39:25) A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600 voluntarios galegos e portugueses maiores de 65 anos. Atoparon que o 70 % tiñan sufrido toxoplasmose e que un maior número de anticorpos correlaciona con maior posibilidade de padecer a fraxilidade. Polo seu deseño, o estudo non pode establecer se o toxoplasma causa a fraxilidade.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    55 min
  • A neveira de Einstein
    A historia de como Einstein e Leo Szilard realizaron 45 patentes para construir unha neveira segura contada pola Avoa de Einstein.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    7 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…