Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos
    (1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón.
    (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos sobre micorrizas e microenxertos cos profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo da USC Santiago Lamosa e Juan Luis Fernández. Tamén contamos con Helga Peral de XuvenLab e o alcalde de Pobra do Brollón, José Luis Maceda.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes
    [Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo.
    Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán.
    A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández.
    As sonificacións do investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rubén García Benito permitirannos converter datos do universo en imaxes sonoras. José Manuel López Vilariño explicaranos como a biotecnoloxía permitiu crear unha auténtica cervexa de abadía con lévedos recollidos no propio mosteiro de Sobrado. Coñeceremos con Nacho Munilla algunhas das aves que podemos ver, e escoitar na lagoa de Sobrado.
    E todo isto coa compaña dos amigos da asociación AMIPA, da asociación a Maristela e a ONCE de Santiago.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 22 min
  • Efer 676 (6-6-24): Aurora Grandal, pioneira no estudo da paleontoloxía en Galicia
    (2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez.
    (2:16) Eva Poveda preséntanos o cinefórum "Cine ConCiencia" organizado polo Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
    (19:33) A directora do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC Aurora Grandal é a pioneira en estudar o rexistro fósil galego. Comezou a súa carreira estudando o oso cavernario. É especialista nos mamíferos do cuaternario en Galicia. Tamén formou parte do equipo multidisciplinar que estudou a Elba, a muller do mesolítico que é o resto humano máis antigo atopado na nosa comunidade. Tamén conversamos co espeleólogo e investigador Marcos Vaqueiro.
    (51:21) Anunciamos a X Noite Efervescente.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Mapas Lab: Dinosauros, mapas, ordenadores e evolución [Versión estendida]
    [Versión estendida] isitamos o "Mapas Lab" da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    38 min
  • Efer 675 (30-5-24): Os mapas da biodiversidade dos últimos 540 millóns de anos
    (1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán.
    (13:37) Visitamos o "Mapas Lab" da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa "Starting Grant" do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición do sangue quentes nalgúns grupos de dinosauros, como nos contou Sara Gamboa.
    (41:21) É posible medir a posición da columna vertebral sen facer radiografías e cun método non invasivo e barato. O CITENI da Universidade da Coruña patentou un dispositivo que pode axudar a traumatólogos e ortopedistas. Conversamos co enxeñeiro biomecánico Florian Michaud.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Fernando Valladares e Valentina Raffio debaten sobre a "eco-esperaza"
    Conversamos sobre "eco-esperanza" frente "eco-ansiedad" y negacionismo con Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN) e Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico") no Ciencia na Aldea.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    32 min
  • Efer 674 (23-5-24): Ciencia na aldea (versión estendida)
    A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de "Ciencia na Aldea". Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN), Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en "El Periódico"), Félix Torres (entomólogo, profesor da Universidade de Salamanca), Lucía González (astrofísica e promotora de Allande Stars), Henrique Nepomuceno (director do Parque Biolóxica da Gaia, Portugal), Gemma del Caño (farmacéutica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 26 min
  • Efer 673 (16-5-24): Mellor de madeira desde a Galiciencia
    "Mellor de madeira" é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35)
    O botánico Bernabé Moya alerta sobre os problemas que sofren as árbores sobranceiras e denuncia a agresión ao teixo milenario de San Cristobal de Valdueza no Bierzo (42:15).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    55 min
  • Efer 672 (2-5-24): Deseño para a innovación
    Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…