Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 692 (1-1-25): Piano Bar Sesión 1
    Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, debúllanos o achado do ano da revista Science, un fármaco inxectable que protexe contra a infección do VIH cunha única punción cada 6 meses.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 9 min
  • Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos
    Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa.
    (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenkov. O enxeñeiro Alejandro Cardesín é membro da Sociedade Europlanetaria e procura agrupar, xunto coa astrofísica Ana Ulla, a todos os galegos que traballan en ciencias espaciais.
    (29:12) Vén de nacer a Asociación Galega de Astrofotografía Polaris. Conversamos con Alejandro Rodríguez, Manuel Brioso e Leticia Pereira.
    (44.16) Dosi Veiga é o organizador dos Astrogalicia, pero o culpa de que rematese en Arzúa é de Miguel Sánchez. Acompáñanos tamén Martin Pawley.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 690 (25-12-24): Os nomes dos paxaros
    (1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño.
    (31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 689 (12-12-24): Abre os ollos
    (3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar"
    (5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho.
    (21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro "Abre os ollos"

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Efer 688 (28-11-24): Arqueoloxía dos puticlubs
    (2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga.
    (16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto.
    (26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen un espello á nosa sociedade.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 687 (21-11-24): As aventuras de Rodríguez e dous franceses [Radioteatro no Colón]
    Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "As aventuras de José Rodríguez e dous franceses" en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto.
    (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum Fracture (José Luis Crespo) sobre o festival. Coñecemos algúns dos premiados dos Prismas 2025: Antonio Martínez Ron e Virginia Luzón.
    (53:58) Unha espontánea sobe ao escenario e ponse ás teclas do marabilloso piano Steinway do Teatro Colón.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • A ecuación do "imprevisible" movemento gatuno
    Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    19 min
  • Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida]
    [Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda  no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear),  supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    46 min
  • Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear
    (3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia
    (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
    (35:09) Damos a solución de onde estaba Carlos Briones.
    (37:27) Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • O ordenador cuántico do CESGA desvela o "sabor" de frescor
    Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    21 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…