Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 707 (17-4-25): SciCom Pt desde Madeira
    Achegámonos ao congreso da Rede Portuguesa de Comunicación da Ciencia SciCom Pt que se celebrou na Illa de Madeira. Conversamos con Ana Santos Carvalho, Sara Bettencourt (2:15), Pedro Russo e Mario Montenegro (12:38) e coñecemos entre outras iniciativas, a Conferencia Internacional de Teatro Científico de Coimbra. (38:48) O noso paxareiro, Nacho Munilla, cóntanos o recente achado de parasitismo intraespecífico en estorniños.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 706 (10-4-25): O radon espreita nos centros de traballo
    (2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición "Menssana" achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses.
    (30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
    (31:52) Lucía Martín é investigadora en Epidemioloxía e Saúde Pública, e directora do Laboratorio do Radon de Galicia. O gas radon é unha asasino silencioso que tamén espreita nos centros de traballo, aínda que polo de agora se lle ten dado moi pouca atención legal e empresarial a este risco laboral.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida]
    [Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
    A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    49 min
  • Fenda na materia escura con Antón Baleato Lizarcos [Versión estendida]
    [Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    52 min
  • Efer 705 (4-4-25): Dereito a reparar, transición xusta e postrecrecemento
    (5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento.
    (23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez
    (24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
    A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Reparar") e a transición xusta cara a unha economía circular.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 704 (27-3-25): Origamis de ADN
    (2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence
    (6:29) Solución a onde está Moncho Núñez
    (8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos.
    (40:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
    (43:32) Como ver a eclipse de sol do 29 de maio con Dosi Veiga.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura
    (00:00:00) Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura
    (00:00:24) O erro de Einstein
    (00:06:11) Biofluorescencia das aves do paraixo [Paxaros na cabeza]
    (00:20:54) Efeméride do 20 de marzo
    (00:23:08) O posible devalo da enerxía escura con Antón Baleato Lizarcos

    0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo.
    (6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das aves do paraíso.
    (20:54) Efeméride do 20 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
    (23:08) Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizarcos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Como se moven as pedras costeiras con Alejandro Gómez Pazo [Versión estendida]
    [Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras.
    TaméndDramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    35 min
  • Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea
    (00:00:00) Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea
    (00:00:21) Einstein pasou por Galicia
    (00:04:39) Abadoados na ISS? [Wicherías]
    (00:13:37) Alejandro Gómez Pazo
    (00:24:24) Pedra, Area, Balea [Relato]
    (00:39:47) Efeméride 13 de marzo
    (00:40:58) Unha fracción de segundo [Cambio de Fase]

    (0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos.
    (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional.
    (13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras.
    (24:24) Dramatizamos o relato "Pedra, area, balea" de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.
    (39:47) Efeméride do 13 de marzo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
    (40:58) Na sección "Cambio de Fase" de Daniel Pizarro coñecemos a banda deseñada "Unha fracción de segundo" (Asitbierri) de Guy Delisle sobre a azarosa vida de Eadweard Muybridge.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 701 (6-3-25): O Calendario da Historia da Ciencia
    (2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto.
    (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa "Bitácora do Beagle" como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias.
    (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro "O Calendario da Historia da Ciencia"
    (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta a sexóloga e xornalista Laura Veiga.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…