Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 723 (16-10-25): Malabares e mates
    (4:09) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, estrea sección en Efervesciencia sobre mitos en saúde mental. (15:50) Efeméride do 16 de outubro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (16:55) O primeiro ordenador da historia non era tal. Nolo conta Javier Pedeira "Wicho". (28:10) Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego "A serie Clopen". Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena Vázquez Abal.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 722 (9-10-25): Como o sistema inmune evita o fogo amigo
    (3:44) Dime como é o teu cerebro e direiche quen son os teus amigos. Isto é o que se desprende dun traballo publicado en Nature Human Behaviour. (14:55) O Nobel de medicina de 2025 foi para a tolerancia inmunolóxica periférica, un segundo sistema do noso corpo para evitar o fogo amigo dos linfocitos T. Conversamos con Iria Gómez Touriño, líder do grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do CIMUS. Recentemente publicaron en Nature Communications un traballo no que desvelan un novo mecanismo de autoreactividade que ataca ás células do páncreas dos recén nacidos e que é necesario para a correcta formación deste órgano. Mecanismo que, se non está ben balanceado no tempo, pode causar diabetes tipo I. (39:12) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (40:43) Juan Manuel Bermúdez do CICA - UDC Solid debúllanos o premio Nobel de química 2025 para os MOFS, andamiaxes metaloorgánicas.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 1 min
  • Efer 721 (18-9-25): Buratos negros que saen disparados
    (3:07) Publícase en Nature a análise dunha biofirma detectada polo rover Perseverance en Marte. Borja Tosar dános o contexto deste achado. (17:06) Efeméride do 18 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (18:08) Os buratos negros cando coliden e se fusionan saen disparados a 5000 km/segundo. Este resultado foi publicado en "Nature Astronomy" polo grupo de ondas gravitacionais do IGFAE. Conversamos con Juan Calderón Bustillo. (41:18) Carolina Brea preséntannos a edición deste ano do Open Science Cambre. (43:05) A Unión Astronómica Internacional vén de bautizar un asteroide co nome Ferrinmoreiras na honra de Antonia Ferrín. Repasamos a traxectoria desta astrónoma pioneira da man da profesora xubilada de astronomía Josefina Ling.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 720 (11-9-25): Os códigos invisibles da leria
    (1:56) O "aerotrastornado" Javier Pedreira "Wicho" cóntanos como fan os avións comerciais para aterrar cando falla o GPS. Non, non é utilizando mapas de papel. (11:09) (11:09) Conversamos sobre os poderes da conversación con Estrella Montolío, catedrática de lingua española da Universidade de Barcelona. (46:42) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (49:04) Josep Rotllant (IIM-CSIC) explícanos como atoparon que o sistema de resposta ao estrés dos polbos non ten que ver co que acontece nos vertebrados.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer 719 (4-9-25): Salvaxe, salvaxe
    (3:25) As altas temperaturas nocturnas das vagas de calor aumentan a nivel mundial a mortalidade nun 3% segundo un estudo coordinado por Dominique Royé (MBG-Galicia). (11:56) Efeméride do 5 de xullo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (13:10) Os lobos son un dos poucos animais salvaxes que aínda perduran no noso territorio. E para sobrevivir o que lles convén é xusto o contrario, pasar o máis desapercibidos posible. Esta noite coñeceremos o documental "Salvaxe, salvaxe", unha forma de ollar e escoitar de forma distinta ós lobos. (41:0) Cando unha arañeira rompe un fío a estrutura compensa este problema. Belén Riveiro (Grupo de Xeotecnoloxía Aplicada do CINTECX - UVigo) vén de publicar en Nature unha investigación sobre pontes de aceiro atopando que se comportan dun xeito semellante.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 718 (5-7-25): Sorpresas históricas no xenoma dos galegos
    (00:00:00) Efer 718 (5-7-25): Sorpresas históricas no xenoma dos galegos
    (00:02:53) Xenoma galego con Antonio Salas
    (00:17:57) Efeméride 5 de xullo
    (00:19:17) Comunicar Ciencia na Radio
    (00:42:43) Ángel Vidal en Ciencia Calidade

    (02:53) Antonio Salas (IDIS-USC) preséntanos un estudo xenómico da poboación galega que analizou máis de mil xenomas completos. Os resultados confirman unha vez máis unha influencia xenética significativa do norte de África e Oriente Medio. A sorpresa xorde na datación, xa que é anterior ao período islámico. Ademais, a investigación amosa unha maior homoxeneidade xenética na Galicia actual do que se pensaba. (17:57) Efeméride do 5 de xullo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (19:17) Realizamos un faladoiro sobre comunicación social da ciencia cos asistentes ao obradoiro "Comunicar Ciencia na Radio": Diana Carolina Castro (IDIS), Narmeen Mallah (USC), Olalla Lorenzo (USC), Sandra Rego (CICA), Laura López Paz (CITMaga) e Julio Novoa (IGFAE). (42:43) Ángel Vidal preséntanos o seu monólogo "Meteogrilo" gañador do concurso de monólogos científicos "Ciencia Calidade". Conversamos tamén coa organizadora do concurso, Eva Cabanelas.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Doutoramento Industrial de GAIN: O caso de Balidea
    Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    10 min
  • Efer 717 (26-6-25): Ciencia Calidade
    (0:23) Os resultados das Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da FECYT presentados esta semana amosan fendas importantes na confianza da cidadanía na ciencia. (3:14) Wicho analiza a actualidade aeroespacial coas últimas remudas na ISS. (13.27) Iago  Regueira Rodríguez, "thepharmacist42", preséntanos o seu monólogo "A mucosidade, unha marabilla incomprendida" que quedou segundo na última edición do "Ciencia Calidade". (22:30) Seguimos coñecendo con Andrea Muras o concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade". (28:31) Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.(36:45) Voces de Ciencia: Esther Fernández, investigadora, mestra de mestres e xestora.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 716 (19-6-25): Historia dos montes veciñais desde A Fonsagrada
    Viaxamos á Fonsagrada para coñecer "in situ" unha nova edición do proxecto "Ciencia á Feira". (2:46) Alí conversamos con Ana Cabana sobre a historia do monte comunal en Galicia, con Iago e Yoel sobre mercados de carbono e con Helga Peral sobre o propio proxecto. (33:31) Efeméride do 19 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:10) Antía Vázquez preséntanos o seu monólogo "Sobras con superpoderes" que quedou terceiro na última edición do concurso "Ciencia Calidade". Eva Cabanelas danos consellos para comunicar ciencia no formato dos monólogos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 715 (12-6-25): Aeroxeles
    Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o "Aerogels Lab" e vén de gañar o premio "Francisco Guitián Ojea" por desenvolver aeroxeles estériles con aplicacións biomédicas. (33:14) Ruta botánica no Mosteiro de Caaveiro con Maite Vence de Observer. (37:32) O premio Fernando Calvet levouno o grupo de investigación Neurobesity do CIMUS dirixido por Miguel López polo desenvolver novas estratexias contra a obesidade baseadas no control do gasto enerxético desde o hipotálamo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 2 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…