Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 730 (3-1-26): A ilusión de escoller: temos realmente a última palabra fronte á IA?
    (4:08) Pódese manter o exercicio físico en episodios de menorrea? Laura Veiga é xornalista e sexóloga, responsable do proxecto Pingando.gal. (17:46) Tes que decidir unha liberdade condicional e unha máquina xa che ofreceu a súa valoración: canto pode influír iso no teu criterio? Conversamos con Ujué Agudo, investigadora no laboratorio de psicoloxía experimental da Universidade de Deusto. A psicoloxía está dando os primeiros pasos para entender como condicionan os algoritmos os nosos comportamentos máis alá do evidente. (43:37) Efeméride do 3 de xaneiro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (44:47) David Cabo, cofundador de CIVIO, explícanos como conseguiron que o Supremo obligase ao goberno a entregar o código fonte de BOSCO - que decide quen ten acceso ao bono social eléctrico - en prol da transparencia algorítmica.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 729 (1-1-26): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 2)
    Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Parte 2.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 728 (30-12-25): Desde o Macondo outro ano de ciencia (Parte 1)
    Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Tamén conversamos con Manuel Díaz de Sotavento, que nos debulla o achado do ano. Parte 1.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Agasallamos con 100 entradas de balde para o "Coruña Comunica Ciencia"
    Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e gravación con público de Efervesciencia.
    Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes
    https://coruñacomunicaciencia.es/

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    10 min
  • Efer 727 (29-12-25): Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia
    Visitamos a XI edición de Astrogalicia en Arzúa. (1:58) O radioastrónomo Ricardo Rizzo estuda as estrelas que viven rápido, morren novas e deixan un cadáver fermoso, as estrelas masivas que expulsan nun segundo 4000 veces a masa do Everest. Sergio Pereira impartiu un obradoiro de análise de datos da misión Gaia. (20:32) Francisco Castander, Instituto de Ciencia do Espazo-CSIC, preséntanos a misión Euclid da ESA que vai medir amplas rexións do universo para estudar a materia e a enerxía escura. (33:00) Javi Molder impartiu o obradoiro de radioastronomía amadora no Astrogalicia. (35:55) Juan Ángel Vaquerizo (proxecto CESAR da ESA, INTA e ISDEFE) e Marcos Merinero (proxecto ESERA da ESA) traballan en proxectos educativos de astronomía e ciencias do espazo. (50:26) Leticia Pereiras da Asociación Polaris impartiu o obradoiro de astrofotografía no Astrogalicia.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza]
    Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibridación entre dous xéneros de paxaros separados 7 millóns de anos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    19 min
  • Efer 726 (25-12-25): Arqueoastronomía no Sáhara Occidental
    (2:11) Marcelino Veiguela desenvolveu unha investigación sobre o ensino STEM mediante miniproxectos experimentais no cárcere de A Lama. (12:01) De onde vén a escala de temperaturas que usamos todos os días? Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (17:09) A arqueoastrónoma do INCIPIT Andrea Rodríguez Antón lévanos aos ceos do Sahara Occidental e a súa relación coa xente que viviu e vive nese territorio agora ocupado por Marrocos. (36:24) Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibridación entre dous xéneros de paxaros separados 7 millóns de anos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor
    (2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de "Més que ciencia", un proxecto que utiliza novas tecnoloxías para levarlle a ciencia a persoas maiores e con Jennifer García da asociación de mulleres "Hypatia Mars" que promove a exploración espacial inclusiva con misións na Mars Desert Research Station. (28:17) Efeméride do 20 de novembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (29:49) Na nosa segunda mesa de convidados dos premios Prismas contamos con Xaviera Torres, creadora do podcast de RNE Sapiensantes; con Stéphanie Aparicio, galardonada por "Auga clara", un proxecto de divulgación sobre a utilización da auga no medio urbano; e con Emilio García, membro do Instituto de Astrofísica de Andalucía, que recibiu o premio especial do xurado. (52:22) Ademais, unha investigadora do mesmo instituto andaluz, Sara Cazzoli, fálanos de "Clementina e os planetas", un espectáculo teatral con marionetas sobre o noso sistema solar que están a preparar coa compañía galega Nauta Teatro.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 3 min
  • Efer 724 (13-11-25): Embarcamos co CIM
    Embarcámonos na xornada de portas abertas do CIM, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, acompañados polo seu director Daniel Rey. Conversamos coa xenetista Paloma Morán sobre a reprodución do mexillón e a produción de mexilla (2:29) e coa especialista en criobioloxía de invertebrados mariños Estefanía Paredes (16:54). Con Jesús López do grupo EcoCost visitamos o visor submarino mariño Nautilus no Porto de Vigo (24:43). A astrofísica Ana Ulla cóntanos a súa investigación en tardígrados mariños como seres extremófilos que viven en contornas análogas ás lúas conxeladas do sistema solar (28:54). O coordinador da Rede de Escolas Azuis de Galicia é Andreu Blanco (37:29). Embarcamos no barco Nautilus da empresa Ocean Secrets, capitaneado por Andrés Blanco Rotea, especializado en divulgación ambiental (41:32). Coñecemos cun ROV submarino a Ría de Vigo, pescamos plancto cunha manga e atracamos no peirao da Illa de Toralla para visitar a Estación de Ciencias Mariñas ECIMAT.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida]
    [Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego "A serie Clopen". Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena Vázquez Abal.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    41 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…