Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • As paixases sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza]
    As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América.
    https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    11 min
  • Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois
    (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa
    En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa.

    (17:31) Unha metade do premio nobel de física deste ano 2021 correspondeu a Klaus Hasselmann e Syukuro Manabe pola “modelización física do clima da terra, a cuantificación da variabilidade e predición fiable do quentamento global” Debúllanos o que hai tras este nobel Juan Antoni Añel, profesor titular de Ciencias da Terra na Universidade de Vigo no campus de Ourense. Hai poucos meses Añel asinou cos seus colegas do grupo EphysLab en Environmental Research Letters un estudo altamente citado sobre a contracción da estratosfera polo incremento dos gases de efecto invernadoiro.
    https://iopscience.iop.org/article/10.1088/1748-9326/abfe2b

    (44:59) As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América.
    https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1


    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • A primeira guerra biolóxica foi coa varíola [Historias de virus]
    Probablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola.
    O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” á varíola.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    17 min
  • Efer 572 (27-10-21): Monográfico XXIV Congreso Estatal de Astronomía
    Monográfico dedicado ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO na Coruña entre o 8 e 12 de outubro de 2021.
    (2:30) As tres as astrónomas galegas que cartografían os obxectos descoñecidos da nosa galaxia coa sonda espacial Gaia da ESA: Minia Manteiga (UdC), Ana Ulla (UVigo) e Ruth Carballo (Universidade de Cantabria).
    (18:02) Cos afeccionados Mónica Veiga e Pablo Martínez Alemparte.
    (23:39) A exploración espacial da ESA con Michael Küppers (Coordinador de Estudos de Misións Cosmic Vision, ESA), Alejandro Cardesín (Coordinador da Comunidade Española de CienciasPlanetarias e Exploración do Sistema Solar, misión Mars Express e ExoMars ESA) e Eva Villaver (Centro de Astrobioloxía CAB, INTA-CSIC).
    (39:38) Redibuxar as contelacións para devolverlle o seu significado con Ana Huertas e Fernando Jáuregui.
    (43:53) A industria da ciencia con Pedro Duque.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Van desaparecer as gaivotas?
    En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min
  • Efer 571 (6-10-21): O nobel emigrante que sobrevivía facendo horóscopos
    (3:21) A astrofísica galega Olga Suárez traballa no observatorio astronómico de Niza en Francia. Este verán impartiu unha charla na Domus en A Coruña sobre mulleres astrónomas. Conversamos con ela e co noso estreleiro Martin Pawley.
    (17:37) Debullamos o premio nobel de medicina ou fisioloxía con Félix Viana, investigador do Instituto de Nuerociencia de Alacante. Viana traballa nos receptores de presión e temperatura, e por iso coñece persoalmente aos galardoados David Julius e Ardem Patapoutian. Cando Patapoutian chegou emigrado a Estados Unidos desde o Líbano tivo que sobrevir facendo horóscopos en Armenio.
    (45:35) Lembramos a Paco Franco, director do Aquarium Finisterrae, tristemente finado da man do director dos Museos Científicos Coruñeses Marcos Pérez.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 570 (29-9-21): Ardora
    (3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla.
    (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade bioluminiscente do dinoflaxelado Noctiluca scintillans. Pero cando o investigador do IEO en Vigo Francisco Rodríguez colleu mostras en Ponteceso atopou unha sorpresa que contou nos nosos micrófonos.
    (38:52) A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo.

    Un posible modelo de alegación http://agrupacionio.com/propuesta-de-alegaciones-para-la-consulta-publica-del-prd-de-eficiencia-energetica-y-reduccion-de-la-contaminacion-luminica/

    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o Tinglado
    Programa especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galicia, IIM).
    E ademais tomamos o pulo das actividades da G-Night en Santiago, Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo da man respectivamente de José Costoya, Cristina Naya, Mª Isabel Doval, Juan Picos, Anne Gosset e Mercedes Novo.
    www.efervesciencia.org
    www.gnight.gal

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    55 min
  • Atragoamento, tusir e Heimlich [Saber por se acaso 3]
    “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min
  • Guía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca
    Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán.
    Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros.
    https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria/o-ceo-do-vern-efervesciencia-2021

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    36 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…