Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • O osiño de Karikó e o ARN, con Lluís Montoliu
    Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    25 min
  • Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía
    (2:14) Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia.
    (26:44) Christiane Dosne Pasqualine de 102 anos foi pioneira no estudo da leucemia en Arxentina. En "Christiane, o bio-musical científico" Belén Pasqualine homenaxea coa única axuda da súa voz e o seu piano á súa avoa. Na conmemoración do 11 de Febreiro o IGFAE, CIQUS e CIMUS programaron esta obra no Gaiás.
    (40:00) A nosa Rosalía deixou escrito
    "Ou ti!, roxa estrela
    que din que comigo
    naciche, poideras
    por sempre apagarte,
    xa que non pudeche
    por sempre alumarme...!
    Foi unha licenza literaria, unha referencia astrolóxica ou en verdade estaba a pasar algo singular nos ceos nesa época? Xabier Pérez Couto @astroxabi, e Martin Pawleiy @pauley investigaron a fondo e propoñen a hipótese da interpretación astronómica. Veñen de publicar os resultados na revista de estudos rosalianos "Follas Novas" https://follasnovas.rosalia.gal/wp-content/uploads/2022/02/VariaPawley-PerezCouto.pdf

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer 585 (9-2-22): Pioneiras e descoñecidas
    (3:39) A especialista en Historia da Ciencia Xoana Pintos e o xornalista Manuel Rey (con Eduardo Rolland) veñen de publicar sendas obras para visibilizar ás nosas primeiras científicas. Conversamos con eles sobre "Pioneiras da Ciencia en Galicia" e "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago", ambos libros editados por Galaxia.
    (45:14) A nosa colaboradora Joana Magalhaes xunto coa investigadora do grupo Nanotoxgen da UDC Vanessa Valdiglesias asinan un estudo de AMIT-Galicia sobre a presenza feminina na Real Academia Galega de Ciencias.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida
    En febreiro de 2009 comezamos a emitir a sección "Guía do Ceo" nun programa que realizamos desde A Casa das Ciencias. Logo de moitas noites estrelecidas os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino dinnos ata logo. Pero non quedamos orfos, colle o se relevo na sección @astroxabi, Xabier Perez Couto, que ha ser o noso novo "Guía" polos ceos nocturnos. Desde A Casas das Ciencias novamente, o @astroxabi estrease co seu itinerario para observar os ceos de inverno.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    22 min
  • Efer 584 (2-2-22): "O universo é un panettone". Cosmoloxía con Antón Baleato.
    (3:28) Desde os soportais da Casa das Ciencias conversamos co novo cosmólogo coruñés Antón Baleato e con Martin Pawley. Baleato esta a facer o seu postdoutoramento no Berkeley Center for Cosmological Physics. Con el coñecemos a importancia do Fondo Cósmico de Microondas para estudar a orixe do noso universo.
    (42:12) En febreiro de 2009 comezamos a emitir a sección "Guía do Ceo" nun programa que realizamos desde A Casa das Ciencias. Logo de moitas noites estrelecidas os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino dinnos ata logo. Pero non quedamos orfos, colle o se relevo na sección @astroxabi, Xabier Perez Couto, que ha ser o noso novo "Guía" polos ceos nocturnos. Desde A Casas das Ciencias novamente, o @astroxabi estrease co seu itinerario para observar os ceos de inverno.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 5 min
  • Efer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise
    (14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rendemento 7000 veces maior que a síntese tradicional. Conversamos no CIQUS-USC co investigador científico do CSIC Fernando López, especialista en catálise asimétrica.
    (4:18) Por que ao estar coa regra entran ganas de comer trapalladas coma unha lima? Mito ou realidade? Nolo conta Laura Veiga @PingandoG na súa sección de divulgación sobre o ciclo menstrual. Envíanos as túas dúbidas.
    [0:40] e (39:00) O ano pasado o experimento muón g-2 do Laboratorio Nacional de Aceleradores Fermi, o FermiLAb, de Chicago fixo públicos os seus resultados da medida do momento magnético do muón. O resultado non cadra cos cálculos consensuados para esta magnitude polos teóricos. Isto podería significar que existen nova física ou novas partículas alén do Modelo Estándar. Ou non. A unha pequena colaboración de teóricos empregando un método alternativa semella que as contas cadran. En que rematará todo isto? Analizámolo con Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxias (IGFAE).
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 582 (1-1-22): A festa do clítoris e os papers falsificados. Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 2)
    No programa especial de Anivovo seguimos a cantar, e contar, a mellor ciencia do ano grazas ao noso equipo de colaboradores: Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano desde o paraninfo da Universidade de Santiago.
    Con Alberto Garcia Basteiro analizamos como se viviu desde África este ano de pandemia. Alberto García-Basteiro é investigador no Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e coordinador da área de investigación en tuberculose no "Centro de Investigação em Saúde" de Manhiça en Mozambique.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 1)
    Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano.
    O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial José Santos da Universidade de A Coruña debulla para nós o achado científico do ano da revista Science.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Os Camiños da Innovación [Gain]
    Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza. O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexillón.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    21 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…