Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Primeiro concurso de monólogos científicos en galego
    Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame "Ciencia Calidade" de Monólogos Científicos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    12 min
  • Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes
    (1:45) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame "Ciencia Calidade" de Monólogos Científicos.
    (13:12) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un "sexto sentido" co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co líder do grupo Pablo López Quinteiro, que é ademais un dos maiores especialistas na música de Mahler.
    (42:27) @astroxabi contanos todo o que debemos saber para ver a eclipse lunnar total da noite do 15 ao 16 de xuño de 2022

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 594 (27-4-22): As áreas arqueolóxicas como Tourón deteñen os megalumes forestais?
    (2:18) O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es
    (29:50) Juan Picos é o director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra da Universidade de Vigo. No ano 2017 descubrimos que estamos expostos a unha nova tipoloxía de lumes altamente destrutivos. O cambio climático e nosa ordenación territorial son a causa de que esteamos en alto risco de sufrir estes megalumes. Non sabemos cando ha de ser, pero debemos de estar preparados.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Como escribir un relato de inspiración científica para @inspiraciencia
    [Contido extra] O investigador en intelixencia artificial Pedro Maseguer e a escritora Rocío de Juan ofrécennos pistas e consellos para participar no XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia. Maseguer e de Juan impartirán obradoiros gratuítos on line para todos aqueles que queiran escribir os seus primeiros relatos coa ciencia de protagonista. Toda a información en inspiraciencia.es

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    32 min
  • Efer 593 (13-4-22): A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial "De Lugares e órganos".
    [Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de "Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela" cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos.
    No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz, Yago Portela fillo do creador do OrganSound, e Belén Bermejo, directora do ciclo "De lugares e órganos".

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 4 min
  • Bici, cidadanía e trasporte sostible. Asemblea ConBici
    Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    18 min
  • Efer 592 (6-4-22): Química de vangarda inspirada na natureza
    (2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.
    (19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica "La Bomba" de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial).
    (34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Cajal da Universidade da Coruña. Conversamos con ela desde o CICA sobre o seu proxecto Starting Grant financiado polo Consello Europeo de Investigación de nanoestructuras peptídicas inspiradas na bioloxía.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 591 (30-3-22): “Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís”, Elena Mora
    (2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida.
    (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo “One health”,unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos antibióticos das bacterias que se atopan en animais de granxa poden xerar graves problemas de saúde humana. O sorprendente é que o equipo da Dr. Mora ten atopado xenes de resistencia aos antibióticos mesmo en fauna salvaxe, como por exemplo poden ser os xabarís.
    (42:37) Sabemos que as aves utilizan o campo magnético terrestre para se orientar. Pero unha cuestión aberta durante décadas e onde reside e como funciona este sentido de magnetosensibilidade. Unha das hipóteses enriba da mesa é a existencia no ollo dos paxaros dunhas moléculas chamadas criptocromos que por mecanismos cuánticos poden proporcionan este tipo de información. Un novo estudo publicado en Nature estuda no laboratorio o comportamento destas substancias. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    55 min
  • Desde a covid ata a xeopolítica: O poder das redes complexas co cubano-galego Ernesto Estrada [Versión estendida]
    [Versión estendida a partir do minuto 24:27]
    Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears.
    As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de transporte. Curiosamente a súa sogra Consuelo de Arzúa aplicaba na horta técnicas similares ás conclusións ás que chegou Ernesto Estrada tras meses de traballo matemático en control de pragas con asociación de cultivos empregando redes complexas.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    44 min
  • Guía do Ceo de primavera de 22
    Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    18 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…