Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 602 (29-6-22): Atlas sonoro da ciencia cidadá na Península Ibérica
    Percorremos a Península coñecendo diferentes proxectos de ciencia cidadá ao fío do proxecto Newsera: Mamalnet en Ciudad Real con José Antonio Blanco (Instituto de Investigación en Recursos Cinegéticos-CSIC-UCLM), "Observatorio Ciudadano de la Sequía" en Sevilla con Pilar Paneque (Universidad Pablo Olavide), Xente de 100cia en Cambre con José Viñas (IES David Buján), "Cities at Night" en Madrid con Alejandro Sánchez de Miguel (UCM e University of Exeter), Gelavista en Lisboa con Antonina Santos (Instituto Português do Mar e da Atmosfera) e Vacaloura.pt en Oporto con João Gonçalo Soutinho.
    Newsera é un proxecto financiado pola UE para estudar o potencial da ciencia cidadá para comunicar mellor a ciencia. A nosa anfitrioa neste percorrido foi Joana Magalhães.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 601 (15-6-22): Premios de transferencia da RAGC
    Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencias.
    (2:42) PolyDeep é un sistema de detección e clasificación en tempo real de lesións colorectais empregando Deep Learnig. Este proxecto gañou o premio “Francisco Guitián Ojea” Conversamos con Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING (Sistemas informáticos de Nova Xeración) da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e Joaquín Cubiela responsable de oncoloxía dixestiva no CHOU.
    (19:57) Teresa Abuín gañou o premio Celia Brañas da RAGC pola reportaxe “Costa Inundable” emitida no programa “Vivir aquí” da TVG.
    (28:15) Eddy Sotelo investigador na Facultade de Farmacia da USC cóntanos en que consiste o proxecto “Ligandos fluorescentes como alternativa al uso de la radioactividad en la industria farmacéutica” que gañou o premio “Fernando Calvet Prats”.
    (42:49) O catedrático de instituto xubilado Manuel Casalderrey recibiu o premio de Divulgación Científica 2022.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 600 (8-6-22): Simular "Ice Age" nun ordenador
    (2:18) Infiltrámonos no 12 congreso Micropol and EcoHazard sobre microcontaminantes e contaminantes emerxentes que se celebrou en Santiago de Compostela. Charlamos co anfitrión do congreso, o catedrático de Enxeñería Química Francisco Omil (Biogroup, CRETUS-USC), o doutorando Matías Rivadulla (CRETUS-USC) e a investigadora Williane Vieira Macêdo da Universidade de Aarhus (Dinamarca).
    (22:41) A película "Ice Age" amosa unha migración das especies motivada pola chegada dunha glaciación. O grupo de Bioxeografía do CRETUS-USC vén de deseñar unha ferramenta informática para predicir os efectos dos cambios globais sobre a biodiversidade biolóxica. Conversamos con Andrés Basega.
    (44:28) A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) Patricia Arjerey preséntanos o programa Consolida-Bio.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 599 (1-6-22): María Martinón, @MMartinonT, e o Homo imperfectus
    (3:03) Laura Veiga (@PingandoG) explícanos o que se sabe sobre se existe relación entre bruxismo e as regras dolorosas.
    (14:38) Aproveitamos a presenza de María Martinón (paleoantropóloga, directora do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana) nas XV Xornadas de Arqueoloxía do Barbanza para falar do seu libro Homo Imperfectus , ¿Por qué seguimos enfermado a pesar de la evolución?
    (45:22) María Silva Gago é investigadora en arqueoloxía cognitiva no CNIEH de Burgos onde está a rematar a súa tese de doutoramento. Ven de igual xeito uns bifaces os arqueólogos profesionais que os leigos?
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • A foto de Seteiro A* con Raquel Fraga [Versión estendida]
    [Versión estendida] Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "fotografía" dun burato negro: Seteiro A*, o obxecto supermasivo que se atopa no centro da nosa propia galaxia.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    40 min
  • As mil imaxes trola do coronavirus
    Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    18 min
  • Efer 598 (25-5-22): A fotógrafa de Seteiro A*
    (2:14) Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual.
    (15:28) Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "fotografía" dun burato negro: Seteiro A*, o obxecto supermasivo que se atopa no centro da nosa propia galaxia.
    (39:20) Borja Tosar debúllanos na súa Postal Planetaria a misión Artemisa da Nasa que en breve ha poñer unha astronauta na lúa.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 597 (18-5-22): Un paseo polas Azores: o segredo dos lagos volcánicos
    Asistimos a congreso da rede de comunicación da ciencia de Portugal, SciCom Pt, desde a illa de San Miguel na Azores. Conversamos con Vera Novais (2:17), Frank Kupper (8:36), Cristina Luis (9:46), Azucena de la Cruz (42:24), Elizabeth Rasekoala (48:00) e Catia Rodrigues (49:58).
    Aproveitamos para pasear pola illa de San Miguel co investigador galego en paleobotánica da Universidade de Ponta Delgada Martin Souto. Os sedimentos dos lagos volcánicos das Azores agochan un segredo histórico.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • A polio, preto dunha victora global [Historias de Virus]
    Historias de virus: Habelos hainos. A polio. Con César Muñoz Fontela. Xa non lle temos medo as piscinas de verán e os pulmóns de aceiro porque estamos a un paso de erradicar a polio.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    13 min
  • Efer 596 (11-5-22): Economía Circular desde a Galiciencia
    Programa monográfico desde a Feira Científica Galiciencia desde a Tecnópole, o Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas. Contamos con Javier Taibo (director de Tecnópole), Miguel Ángel Yebra (profesor do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia), Sabela Fernández (CIFP Politécnico de Lugo), Miguel Rodríguez (Investigador en Economía Circular de ECOBAS), Lourdes González Sotelo (CPI Uxío Novoneyra) e Ana Piñeiro (Colexio Eduardo Pondal de Cangas).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…