Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Relato Inspiraciencia: A ribeira do mexillón
    Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    22 min
  • Efer 608 (9-11-22): Cos sentinelas dos novos virus que nos agardan
    A vida esta chea de sorpresas... e de virus emerxentes. Ven o soubemos na epidemia do Sars-Cov-2. Pero hai outros moitos que empezan a asomar a patiña por debaixo da porta. Falamos con científicos sentinelas que monitorizan estes virus cos que non nos queda outra que convivir. Achegámonos cos nosos micros á Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago onde se celebrou o Curso Virus Emerxentes organizado pola investigadora do CIMUS Carmen Rivas.
    (3:24) Con María Paz Sánchez Seco (xefa do laboratorio de Arbovirus e Enfermidades víricas importadas no Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III) coñecemos a febre hemorráxica Crimea-Congo que poden transmitir as carrachas.
    (19:15) Con Miguel Ángel Jiménez Clavero @Virusemergentes (Virólogo e profesor de investigación no CISA- INIA) conversamos sobre o virus West Nile.
    (33:35) Todo co que sempre quixeches saber sobre os fósiles con Pedro Piñeiro.
    (39:44) Acabamos con Adolfo García Sastre (Director del Instituto de Salud Global y Patógenos Emergentes del hospital Monte Sinaí) e Ana Fernández Sesma (Catedrática de microbioloxía e enfermidades infecciosas do Icahn School of Medicine do Monte Sinaí de Nova York)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer 607 (26-10-22): Unha noite magnética no CINBIO
    Programa monográfico con público no que nos unimos á xornada de portas abertas do CINBIO da Universidade de Vigo. Este centro de investigación biomédica ten dúas almas, a Nano e a Bio.
    Pola parte Nano conversamos con Miguel Ángel Correa (grupo TeamNanoTech e director do CINBIO), Verónica Salgueiriños (grupo de Materiais Magnéticos) e Isabel Pastoriza (grupo FunNanoBio).
    Polo lado Bio falamos con Diana Valverde (grupo de Enfermidades Raras) e Marina Peña (Servizo de Bioexperimentación).
    Andrea Muras convídanos a asistir á final de monólogos cientificos "Ciencia Calidade" en Lugo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • A lira desafinada de Pitágoras con @puratura
    Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de peza musical relacionada coa ciencia.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    35 min
  • Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa
    (1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística "[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos](https://www.proyectostatwars.es/)" no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial.
    (13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de peza musical relacionada coa ciencia.
    (48:20) O pasado venres o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC celebrou a *Ocean Night* cun concerto do músico Abraham Cupeiro no auditorio Afundación de Vigo ao fío do proxecto "Neuston III". Cóntannos a experiencia o propio Cupeiro e Pepe Pintado, Vicedirector de Cultura Científica do IIM-CSIC.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Efer 605 (20-7-22): Efer 605 (20-7-22): De paseo xeolóxico por Burela con Fran Canosa
    (1:29) Collemos a mochila e os nosos micrófonos para facer a ruta xeolóxica do Perdouro que organiza o xeólogo Fran Canosa en Burela. As saídas ao campo con Fran Canosa son toda unha delicia apta para todos os públicos, non deixedes de visitar [Rutas xeolóxicas de Galicia](https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/)
    Repasamos as accións desenvolvidas este curso pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo da man da súa codirecora e Vicerreitora de Comunicación Mónica Valderrama (40:23)
    Andrea Muras e Eva Cabanelas fannos un recordatorio do Concurso de Monólogos Científicos en Galego "Ciencia Calidade”(49:31)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • A orixe da varíola do mono [Historias de virus]
    O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” ás orixes da varíola do mono.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    10 min
  • Efer 604 (13-07-22): 772,55 no epitafio de Joule
    (2:09) Unha vez ao ano facemos un obradoiro para ensinarlles como funciona a radio aos investigadores, e aproveitamos para artellar un pequeno faladoiro. Deste volta contamos con Ángela González Ferro, Eduardo Domínguez Medina, Araceli Tobío, Fernando Castro, Sara Calvete e Pedro Piñeiro.
    (24:06) En historias de virus César Muñoz Fontela cóntanos a orixe da varíola do mono.
    (32:59) Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 603 (06-07-22): Poesía, herbiñas, estrelas e inclusión na Noite Efervescente desde a Casa Rosalía [Versión estendida]
    [Versión estendida] Celebramos a nosa VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón. A Noite Efervescente é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación [Amipa](https://www.facebook.com/AsociacionAmipa) de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar e a inestimable colaboración do noso estreleiro Martin Pawley. Tamén nos acompañaron varios membros da [Asociación Andaina Pro-Saúde Mental](https://www.andainapsm.org/).
    María López Sández recibiunos en nome da Casa Rosalía e presentounos o "Herbario de Rosalía de Castro" do que é autora xunto con Mabel Fraga e Miguel Fraga. A actriz Cris Collazo puxo voz a varios poemas de Rosalía baixo as composicións orixinais de piano interpretadas por Juanjo Fernández.
    Conversamos coa astrofísica do ESAC Sandra Benítez Herrera sobre o papel da favorable que pode ter a astronomía na saúde mental.
    Rosseta Martorell é a secretaria da "Asociación Astronómica y educativa de Canarias Hentietta Leavitt". Nun proxecto desta asociación de sonificación do brillo de estrelas, un grupo de escolares cegos veñen de se convetir nas primeiras persoas invidentes que descubren unha estrela variable escoitando os datos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr 10 min
  • Guía do ceo de verán 22 con @astroxabi
    Guía do ceo de verán con @astroxabi, Xabier Pérez Couto, para aproveitar as noites estivais e gozar a topo do ceo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    22 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…