Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 590 (23-3-22): O “paper” dedicado á sogra e as redes complexas
    (2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares.
    (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears.
    As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de transporte. Curiosamente a súa sogra Consuelo de Arzúa aplicaba na horta técnicas similares ás conclusións ás que chegou Ernesto Estrada tras meses de traballo matemático en control de pragas con asociación de cultivos empregando redes complexas.
    (40:54) Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Efer 589 (17-3-22): Fernando Fraga: O océano na cabeza
    Imos sacar do anonimato a un dos nosos maiores investigadores do século XX, o oceanógrafo químico Fernando Fraga. Fraga escapaba da prensa. Por iso non hai entrevistas del. Pero nós temos a súa voz...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 588 (9-3-22): Mira para arriba!
    (2:39) Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa.
    (14:01): Borja Tosar nunha nova postal planetaria analiza desde o punto de vista da ciencia a película de Netflix "Non mires arriba!". Unha boa escusa para falar de asteroides, defensa planetaria, as iniciativas que temos en Galicia de detección de meteoros, minería espacial,...
    (37:50) Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina.
    Nesta historia incorporamos a dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato “A peor das enfermidades” de María García González que gañou o concurso Ciencia que Conta na modalidade de bacharelato en 2012. Contamos coas voces dos nosos compañeiros Kiko Novoa, Amelia García Hevella e Anxo Quintela.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • "A guerra cancelou o noso estudo clínico", Óscar Mesa de Qualitecfarma
    Coa guerra na Ucraína case 700 ensaios clínicos van ser abandonados. Un deles é o promovido pola "startup" compostelá Oncostellae para testar o seu fármaco contra a colite ulcerosa. Trátase dun estudo clínico de fase II que ía levar a cabo QualitecFarma. QualitecFarma é unha CRO (Organización de Investigación por Contrato). Conversamos co seu CEO Óscar Mesa.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    12 min
  • A rabia [Historias de Virus]
    Historias de virus: Habelos hainos. A rabia. Con César Muñoz Fontela Este virus produce unha enfermidade letal no 100% dos casos. No século II un tratamento era botar aos doentes á auga. Afortunadamente hoxe contamos cunha vacina.
    Nesta historia incorporamos fragmentos da dramatización sonora que fixeramos no seu día para o relato "A peor das enfermidades" de María García González que gañou o concurso Ciencia que Conta na modalidade de bacharelato en 2012. Contamos coas voces dos nosos compañeiros Kiko Novoa, Amelia García Hevella e Anxo Quintela.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    17 min
  • A invisible descubridora dos gases invernadoiro
    Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto "Lanternas da Ciencia" do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro. Ilustración da miniatura Laura Romero (IG: @laurandcolours)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min
  • Conecta Covid: I+D+i galego fronte a pandemia [Gain]
    No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes.
    Un dos proxectos de Conecta Covid é Nanofluidetec que analizamos na nosa entrevista central aquí https://go.ivoox.com/rf/83090453

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    4 min
  • A pescuda galega da PCR de peto: Nanofluiditec
    Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow.
    BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescencia Wajih Al-Soufi.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    27 min
  • Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend!
    (3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira "Wicho" fainos un debuxo da situación actual.
    (11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes.
    (14:39) Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow.
    BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescencia Wajih Al-Soufi.
    (40:46) Eunice Newton Foot foi a invisible descubridora dos gases de efecto invernadoiro. Coñecemos a súa historia da man da investigadora de predoutoramento Marta López Mozos e o proxecto "Lanternas da Ciencia" do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que coordina Jaime Amaro.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…