Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 535 (3-12-20): Dentro de #SemáforoCOVIDGalicia
    (2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos.
    (13:53) Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctamente os datos da pandemia (incidencia acumulada, razón de taxas, positividade,...)
    (46:00) Presentación da campaña de micromecenado do libro “Esponxas do litoral de Galicia” en Goteo.org con Patricia Ramos de “Grupo de Estudo do Medio Mariño”.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • GAIN financia 15 proxectos de investigación sobre a covid, con Patricia Argerey
    A Axencia Galega de Innovación GAIN financia con 3 millóns de euros 15 proxectos de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    8 min
  • “Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus", Luis Martínez Sobrido
    “Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus. Nos estamos creando clons de laboratorio, modelos animais, anticorpos monoclonais” Versión completa da conversa con Luis Martínez Sobrido.
    O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traballo no laboratorio. Neste tempo teñen creado clons infectivos do SARS-COV-2 que poidan ser manipulados no laboratorio como ferramenta para comprender mellor a covid. Por exemplo, o equipo do laboratorio de Martínez-Sobrido teñen creado virus do SARS-COV-2 fluorescentes. Tamén teñen creado ratos e hámster transxénicos que son uns primeiros modelos animais válidos para estudar esta doenza. As vacinas actuais teñen como diana a mesma proteína Spike do virus por iso necesitamos un plan B ante unha eventual mutación do virus, comentounos Martinez-Sobrido.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    36 min
  • Efer 534 (26-11-20): Crean clons infectivos do SARS-COV-2 para producir variantes do virus no laboratorio.
    (3:19) A Axencia Galega de Innovación financia con 3 millóns de euros 15 proxecto de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.
    (10:45) O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traballo no laboratorio. Neste tempo teñen creado clons infectivos do SARS-COV-2 que poidan ser manipulados no laboratorio como ferramenta para comprender mellor a covid. Por exemplo, o equipo do laboratorio de Martínez-Sobrido teñen creado virus do SARS-COV-2 fluorescentes. Tamén teñen creado ratos e hámster transxénicos que son uns primeiros modelos animais válidos para estudar esta doenza. As vacinas actuais teñen como diana a mesma proteína Spike do virus por iso necesitamos un plan B ante unha eventual mutación do virus, comentounos Martinez-Sobrido.
    (43:08) Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS:
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    54 min
  • "Suiseki": Adaptación radiofónica do gañador de @inspiraciencia
    Recreación radiofónica de "Suiseki" coa locución de Anco QUintela. Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña na categoría de adultos de relatos en galego.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    7 min
  • Diego Peña: "Ao interrogar a moléculas individuais descubriremos novas cousas"
    [Version estendida] Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    35 min
  • Efer 533 (19-11-20): A revolución da químicas das moléculas individuais
    (3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos.
    (14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC.
    (40:05) Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña na categoría de adultos de relatos en galego. Locución de Anxo Quintela.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • "Material Minds" O meirande experimento de cognición visual [Versión estendida]
    [Versión estendida] O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos, configuran a nosa mente”.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    25 min
  • O Galeón de Ribadeo con Miguel San Claudio e Ana Crespo [Versión estendida]
    Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder.
    Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra do século XVI está uns poucos metros de profundidade no porto de Ribadeo. O galeón Santiago de Galicia ha ser o protagonista desta velada Efervescente co arqueólogo subacuatico Miguel San Claudio e a investigadora do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC.
    www.efervesciencia.org

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    38 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…