Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.Financ... more
FAQs about Efervesciencia:How many episodes does Efervesciencia have?The podcast currently has 1,083 episodes available.
November 07, 2020Efer 531 (5-11-20): Clons que salvan árbores, clons para desenmascarar o virus da hepatite C(3:00) O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal.(16:45) Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método mais de 30 veces en 8 anos, peneiraron 100 millóns de clons. Afortunadamente a farmacéutica mantivo o proxecto malia non ter resultados inmediatos. Finalmente deron cun único clon que tirando do fío resultou ser un novo virus descoñecido para a ciencia que bautizaron como o virus da hepatite C. Hougton xunto con Alter e Rice veñen de gaña o nobel de medicina polo descubrimento do virus da hepatite C.(44:48) A secuenciación de milleiros de cepas do SARS-COV-2 permite reconstruír cadeas de propagación en España dos primeiros meses da epidemia da COVID. Daniel García Souto do CIMUS explícanos os resultados do consorcio Seq-COVID.www.efervesciencia.orgA nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more58minPlay
October 31, 2020A astrónoma paciente [Postal Planetaria de @borjatosar]Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more21minPlay
October 31, 2020CRISPR tamén é unha ferramenta contra a Covid con @lluismontoliuVersión integra da entrevista a Lluis Montoliu do programa Efer 330.O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more40minPlay
October 31, 2020Efer 531 (29-10-20): O CRISPR noso de cada día, con @lluismontoliu(2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu. (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.www.efervesciencia.orgA nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more57minPlay
October 29, 2020Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata [Saber por se acaso #2]“Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more12minPlay
October 28, 2020RCP en tempos da Covid [Saber por se acaso #1]“RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more17minPlay
October 27, 2020Guía do Ceo de outono 2020: A danza de Xúpiter e SaturnoMalia o mal tempo e o toque de queda a tempada de outono tamán nos ofrece espectáculos no frimamento. Guía do Ceo de outono con Martín Pawley e Irene Baspino.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more24minPlay
October 25, 2020Os universitarios non comprenden ben a evoluciónO traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa especialidade, senón un artigo sobre o coñecemento sobre a evolución dos universitarios galegos. No artigo de Plos One tamén colaborou Marta Vila xunto con outros investigadores.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more28minPlay
October 25, 2020Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro?(3:25) Jose Edelstein debulla para Efervesciencia todos os detalles do premio Nobel de Física 2020. Por que o comité Nobel fala de obxecto supermasivo no centro da nosa Galaxia e non de burata negro? Podería ter levado Penrose outro Nobel previamente? Que traballo compartiron Hawking e Penrose?(27:45) Como ventila a nosa Bibiana García Visos a súa casa?(37:49) Guia do Ceo de Outono con Martin Pawley e Irene Baspino. Sigue a danza cósmica de Xúpiter e Saturno que culminara o 21 de decembrol.www.efervesciencia.orgA nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more58minPlay
October 25, 2020Revólveres Colt, Karajan e normalización con @manuelfherradorcciónOs revólveres Colt, Karajan e a normalización co profesor de contrucción da UdC Manuel Herrador. Conmemoramos o día mundial da Normalización.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more11minPlay
FAQs about Efervesciencia:How many episodes does Efervesciencia have?The podcast currently has 1,083 episodes available.