Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Guía do Ceo de Verán 2019
    A nosa tradicional Guía do Ceo radiofónica para non nos perder nada do que pase no ceo nocturno en todo o verán. Con Martin Pawley e Irene Baspino.
    Valaquí o pdf auxiliar da Guía do Ceo https://www.dropbox.com/s/vj75s5x4m8ahpyy/O%20ceo%20deste%20ver%C3%A1n%20EFERVESCIENCIA%202019.pdf?dl=0

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    18 min
  • Efer 485 (6-7-19): O reto de ensinar matemáticas
    (1:44) A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia
    (20:10) Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA.
    (31:47) Previa da Maker Faire Galicia con Iolanda Iglesias.
    (39:27) Guía do Ceo de Verán con @pauley e Irene Baspiño

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 484 (29-6-19): Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama?
    1. Premios Isabel Zendal (0:14)
    2. Plásticos en Ciencia para Andar por casa con Bibiana García Visos (3:21)
    3. Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monserrat Rúe (IRBLLeida). http://dx.plos.org/10.1371/journal.pone.0214057 (11:50).
    4. Previsa do Festival Divulgacción e Noite Efervescente con Dosi Veiga (41:38)
    5. Stop artrose en Precipita con Ana Alonso do IDIS no grupo de Patoloxías Musculoesqueléticas (47:11)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Promo: Novo horario de verán
    Durante o mes de verán temos horario especial de emisión na Radio Galega os sábados e domingos ás 8:00 da mañá cos mellores contidos da tempada.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 min
  • Efer 483 (19-6-19): Breaking Bad a ollos dun químico
    Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20)
    O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45).
    José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo... (35:20).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 hr
  • Efer 482 (12-6-19): O xoguete infantil e a última fronteira da física
    Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular.
    O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illante e logo convertese en supercondutor. Acaba de nacer a “viratrónica” (twistronic). E mesmo hai expertos que lle din que este achado cheira a Nobel. Debullamos toda esta revolución co seu protagonista, o investigador valenciano Pablo Jarillo.
    Arte no CERN coa instalación Datos Fluidos de Agnes Chavez [Muller e ciencia] Joana Magalhaes preséntanos na súa sección a artistae educadora norteamericana de orixe cubana Agnes Chavez que ultima unha instalación artística no Centro de Datos do CERN.
    Durante todo un século foron un resultado teórico das ecuacións de Einstein, pero desde 2016 sabemos que as ondas gravitacionais son unha realidade física. Para Bernard F. Schutz, director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, sen a existencia destas ondas gravitacionais non sería posible a vida na terra.
    Iluminar o urbanismo salvaxe do cancro. O cancro precisa de crear vasos que lle acheguen nutrientes para se poder expandir. Unha investigación do CIMUS-USC, CIQUS-USC e CICA-UdC ven de amosar como se poden volver fluorescentes estes tecidos. Conversamos desde o CIMUS co investigador José A. Costoya.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 481 (5-6-19): No I Encontro Ibérico de Comunicación da Ciencia
    Aquelando é o novo programa de divulgación científica da Televisión de Galicia. Está dirixido a un público familiar e emitirase os sábados pola mañá. Conversamos coa súa directora Rocio Mosquera e o divulgador David Ballesteros. (1:55)

    Na localidade portuguesa de Aveiro celebrouse o I Encontro Ibérico de Comunicación da Ciencia no marco do encontro SciComPt. Ata alí levamos os micros de Efervesciencia. Conversamos con Joana Lobo (presidenta de SciComPt), Edurne Gastón (Concise- AECC) (13:19), Javier Armentia (Director do Pamplonetario) (27:44) e Pedro Pombo (director do museo da ciencia a Fábrica), Vera Novais (xornalista de ciencia no Observador.pt) (35:10)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Adegas da Memoria: Etnoarqueoloxía na Riberia Sacra
    O arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán preséntanos o proxecto de etnoarqueoloxía "Adegas da Memoria". No último día de escavación teñen atopado restos humanos que poderían ser os mais antigos atopados na Ribeira Sacra. Coñecemento científico para avalar a declaración de Patrimonio da Humanidade.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min
  • Efer 480 (28-5-19): Que facemos mal e ben no TDAH
    Un artigo do neuroanatomista Marco Catani e o historiador da medicina Paolo Mazzarello publicado na revista de neuroloxía Brain propón que Leonardo da Vinci sería hoxe diagnosticado como unha persoa con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade, TDAH. Conversamos co doutor en psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo Manuel Isorna sobre esta síndrome. Por que apenas se diagnostican casos en Francia e pola contra en Estados Unidos afecta a un de cada 5 nenos? Inflúe o mes de nacemento? Como se xestiona en nenos? E en adultos?
    O arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán preséntanos o proxecto de etnoarqueoloxía "Adegas da Memoria". No último día de escavación teñen atopado restos humanos que poderían ser os mais antigos atopados na Ribeira Sacra. Coñecemento científico para avalar a declaración de Patrimonio da Humanidade.
    Fran Núñez de Limiar Teatro cóntanos a experiencia de xirar durante todo un anos por toda España a obra "Eu tamén son Leonardo"

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 479 (22-5-19): Telescopios nos ollos e outros inventos reais para ver mellor
    O pasado 15 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o acto oficial de conmemoración do Día Internacional da Luz. Un dos convidados poñentes ao evento que tivo lugar no Hostal do Reis Católicos foi o catedrático de Óptica da Universidade de Murcia Pablo Artal. Algúns dos inventos e achados do equipo de Artal empréganse en todo o mundo para mellorar a visión das persoas.

    Na sección de “Muller e Ciencia” de Joana Magalhaes conversamos con Marta Macho. Esta profesora de matemáticas da Universidade do País Vasco botou a andar hai 5 anos a wweb “Mujeres con Ciencia”.

    No primeiro instante despois do Big Bang o noso universo sufriu unha expansión hiperacelerada nunha quintillonésima parte de segundo. Neste lapso o universo aumentou nun proporción análoga a que ocorrería se unha habitación de 10 m2 medrase ata ocupar todo o universo. Este fenómeno coñécese como inflación cósmica. O investigador do Instituto Galego de Altas Enerxías José Edelstein vén de gañar unha mención no premio da Gravity Research Fundation ao propor un mecanismo alternativo á explicación tradicional deste fenómeno.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…