Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico
    Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87 (22:05).
    Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley ensínannos a localizar M87 no ceo (40:10).
    Neste enlace tedes unha axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Como localizar onde está M87 [Guía do Ceo]
    Na Guía do Ceo de abril-19 explicamos porque a Semana Santa este ano non cae onde debera segundo a astronomía.
    Nestes días a lúa esta na constelación da Virxe, onde se atopa M87 e o burato negro fotografado por primeira vez. Coas indicación s dos nosos estreleiros saberás como localizala facilmente.
    Vídeo de axuda visual
    https://youtu.be/FqcXiYqDXEI

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    15 min
  • Bioética con José Antonio Seoane [Versión estendida]
    Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investigación, a edición de embrións con CRISPR, pero tamén da bioética que nos pode afectar no día a día.
    Sonia García da Asociación AMIPA poderá exercer o dereito ao voto por primeira vez malia teren pasado multitude de eleccións logo de acadar a súa maioría de idade.
    En Galicia vense de constituír o primeiro comité de bioética en servizos socias. Virginia Alonso é a presidenta deste comité do Consorcio de As Mariñas.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    41 min
  • NeuroART, feromonas e ... Mahler!
    NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de Paula Rodríguez Villamayor e Pablo Sánchez-Quinteiro. Con eles falamos de fermonas, o órganos vomeronasal e de Mahler!

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    19 min
  • Efer 473 (13-4-19): Bioética do día a día

    59 min
  • O marabilloso libro do CRISPR de Lluis Montoliu
    Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    28 min
  • Efer 472 (3-4-19): Recortamos e pegamos xenes
    Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”.
    Tamén nos visitan os investigadores participantes no VIII obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”: José A. Costoya, Andrea Muras, Mar García Colomer, Tereza Ruzickova, Mari Carmen Caldeiro, Jesús Prego e Natalia Fernández.
    A amendoeira “Gladiador” ten tres séculos. E agora o seu patrimonio xenético e cultural revive en forma de clons grazas ao traballo do grupo de “Biotecnoloxía de especies leñosas” do IIAG-CSIC. Nolo conta Nieves Vidal.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 471 (27-3-18): Xenoma inestable para loitar contra o cancro
    Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables.
    Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómica, e de como abrir novas vías de ataque a un cumio inexplorado: o tratamento da ELA.
    Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX.
    Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Nova "Entrevista no Alén", coa participación de Rosa Pedrido.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • A técnica de laboratorio que descubriu un elemento [Entrevistas no alén]
    Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica.
    Nova entrevista no Alén, coa participación de Rosa Pedrido.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    16 min
  • Como non reparar o xenoma pode axudar contra o cancro con @KP_twitt_llo
    Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables.
    Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómica, e de como abrir novas vías de ataque a un cumio inexplorado: o tratamento da ELA.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    21 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…